Mostrar mensagens com a etiqueta universidade. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta universidade. Mostrar todas as mensagens

17/10/2019

A orde dos recursos SI afecta o resultado

Nin o meu cerebro nin a plataforma da UNED somos espazos euclídeos. Non se cumplen as propiedades conmutativa nin asociativa.
Da nada absoluta hai una semana, nalgunhas materias agora aparecen máis de 40 recursos, que o sistema ordena por orde alfabética, sen ningunha pista sobre a xerarquía/preferencia en que os teño que ler/estudar/usar.
Agora xa sei ao que se refiren cando din que estudar na UNED require tempo. O que perdes poñendo en orde a desfeita.

08/10/2019

Acceso ao Campus UNED

Como alumna, unha vez identificada na web da UNED accedo á pantalla:


Se en lugar de pinchar en "Acceso a cursos virtuales" o fago en ACCESO AL CAMPUS, entro na pantalla que realmente me permite visualizar as materias nas que estou inscrita:



A lapela MIS ESTUDIOS dá acceso ás materias nas que estou matriculada:


Hai unha semana xusta que me matriculei (1 de outubro) ao recibir o correo que confirmaba a miña admisión. Ese mesmo correo me anunciaba o comezo do curso o día 3, pero tómano con calma. O día 3 de outubro só unha das 4 materias que curso subira contidos. O día 4 de outubro recibo correos dos centros asociados de Ferrol e Coruña coas actividades que ofertan a principiantes: xornadas de portas abertas, cursos de iniciación... Un dos que me tería interesado é do uso da biblioteca, pero tivo lugar o día 2 (por que o publicitan dous días despois?). Inscríbome noutro, específico sobre as TIC e o manexo da plataforma aLF coa que funciona a UNED. Vaise celebrar o día 7, pero ese mesmo día pola mañá recibo dúas mensaxes simultáneas, unha confirmando e outra anulando a miña inscrición. WTF??? Tentei chamar e escribir ao centro pero non houbo resposta e non me molestei en presentarme para perder o meu tempo, que a estas alturas do ano é precioso.

A profesora máis "madrugadora" é a responsable da materia "Alimentación, cultura y desarrollo". Recomendou a modo de introdución ao temario a visualización dunha conferencia sobre soberanía alimentar do Dr. Esquinas, quen traballou moitos anos para a FAO. Agora quedei coas ganas de estudar máis en detalle a IAASTD e comparar as conclusións de Rio 1992 (documento orixinal) e o texto Rio+20.


06/10/2019

Antropoloxía na UNED

Vai para dous anos que non blogueo aquí.
Dáme preguiza comprometerme coa escrita regular. Porén non me vai quedar outra nos vindeiros meses, xa que me deu por estudar o mestrado en "Investigación Antropológica y sus Aplicaciones" que imparte a UNED
Na carreira, os campos de saber nos que máis aprendín foron as materias de historia e filosofía. En antropoloxía tiven unha grande decepción, polas altas expectativas que tiña e o pouco que se cumpliron. Quedoume a espiniña de ampliar coñecementos. En xuño solicitei a admisión na UNED, porén por canto só collen cada ano para o Máster a 8 alumnos procedentes doutras carreiras non tiña moita esperanza. Non volvín saber nada da UNED ata o 1 de outubro, que me comunicaron a aceptación da miña solicitude. As clases comezarían o 3 de outubro, e matriculeime. Agradezo que na plataforma de matrícula desen instrucións moi precisas de como solicitar bolsas do Ministerio.
O 2 de outubro chegáronme mensaxes de benvida do Reitor e do Decano, e instrucións para activar o meu correo na plataforma virtual de alumna da UNED. O día 3, comezo das clases, só un dos profesores (das 4 materias das que curso este semestre) subira contidos. Os outros fixérono o día 4, en que tamén estaban activos diferentes foros de benvida e presentación nas "comunidades virtuais" do campus e da miña facultade. Tamén me chegaron correos coas actividades do Plan de Acollida no Centro da UNED na Coruña.
Agora, en pleno San Froilán, estou a trastear para averiguar onde está cada cousa.

Entro na UNED, autentifícome e esta é a primeira pantalla:

Pincho no acceso a CURSOS VIRTUALES e aparece isto:

Entro en ALF 2019/2020 e a seguinte pantalla é a do meu perfil de estudante:

Pincho na icona da siluetiña humana con signo de admiración que me indica que teño mensaxes que ler nos foros e entro na pantalla seguinte:

Na pantalla anterior tamén tería podido escoller COMUNIDAD DE ACOGIDA e entraría en:

Que na parte inferior da páxina (fóra desta captura de pantalla) dá opcións para entrar en cursiños de familiarización coa plataforma, a través de vídeos e cuestionarios. Aí estou por agora.

11/12/2008

Mundo universitario (I): opacidade

Inicio esta nova serie, xa non sobre a docencia senón sobre a relación da Universidade coa sociedade.

Alén dos estudos regrados, esta institución alberga, apoia ou dá soporte a unha grande cantidade de cursos e seminarios das máis diversas temáticas. Cabe preguntarse cal é o obxetivo destes (recadatorio, curricular, de captación de subvencións) cando sistemáticamente se publicitan de xeito aleatorio, errático e ineficiente.

Sendo alumna da USC, hai algúns eventos que se me comunican por correo electrónico. Son os menos. Con ocasión dun espectáculo auspiciado pola propia universidade, adherín a unha lista de correo especial na que me informan dalgunhas actividades culturais do Campus de Lugo. Con todo, aínda hai moitas conferencias, cursos ou seminarios dos que a información me chega a posteriori.

Fala Xosé Manuel González dun muro nas Pedreiras. Se os que en teoría estamos vencellados á universidade somos tan alleos ao que sucede nela, que será do resto da cidadanía, conscientemente apartada do privilexio da información!

21/11/2008

Ensino universitario (V) Lexislación

LOU (Ley Orgánica 6/2001, do 21 de decembro):
http://web.micinn.es/01_Portada/02@Servicios/05-Legislacion/LOU.pdf

Modificación da LOU (Ley Orgánica 4/2007, do 12 de abril):
http://firgoa.usc.es/drupal/files/congreso-ley.pdf

Regulamento de aplicación das anteriores (Real Decreto 1393/2007, do 26 de outubro):
http://firgoa.usc.es/drupal/files/RDordenacion.pdf

ANECA (Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación)
http://firgoa.usc.es/drupal/node/39072

Implantación de Graos e Postgraos no SUG:
http://firgoa.usc.es/drupal/node/37732

EEES na web da usc:
http://www.usc.es/eees

Ensino universitario (IV) Re-presentación estudantil

Sindicatos de estudantes:
http://www.sindicatodeestudiantes.org/

http://www.comitesabertos.org/comites/portada.php

http://www.agir-galiza.org/HTML/principal.php


Relacionadas:
http://www.kaosenlared.net/noticia/que-es-el-plan-bolonia

http://web.micinn.es/
http://universidadcritica.blogspot.com/2007/04/qu-es-el-plan-bolonia.html

Ensino universitario (III) Boloña

En 1999, en Boloña, os Estados da Unión decidiron a constitución dun Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). Este proceso de construción conxunta que deberá finalizar no ano 2010 leva aparellados unha serie de cambios legais e institucionais que se están a debater e concretar. (C+P da info na web da USC). Este chamado Proceso de Boloña debería estar rematado no 2010, porén nin se encetou na meirande parte das carreiras universitarias galegas.
Os líderes estudantís galegos foron entrevistados por galiciae. Do novo modelo de ensino universitario destacan a incompatibilidade dos novos estudos con actividades laborais, o troco de bolsas por créditos bancarios, a necesidade de cursar caros posgraos para acadar unha mínima cualificación profesional. As protestas arrecian, aquí ou aló. O debate segue aberto.
O proceso está a facerse de costas aos alumnos. As autoridades da USC desde o principio negáronse a que houbese representantes estudantís nas comisións para a constitución dos novos graos. No canto de traballar desde o primeiro momento para aproveitar a reforma en prol dun ensino de calidade os centros agardaron até o último segundo para sacar ás presas propostas improvisadas que garantan aos profesores as horas lectivas e remuneracións máis vantaxosas. Unha grande chapuza e un meirande exercicio de irresponsabilidade.

17/11/2008

Ensino universitario (II)

Acho que se me adiantaron nestes comentarios... Porque do que toca falar hoxe é dos profesores que non están onde deben. Unha selección por méritos sobre o papel avaliados por ex-compañeiros non é imparcial nin sempre dá bó resultado. O regulamento da USC (Artículo 38 n) en teoría garante aos estudantes o dereito a dispor de sistemas que tendan a flexibilizar a libre elección de profesorado. Eu resgataría algúns mestres con maiúsculas cos que tiven a sorte de aprender en primaria e secundaria para substituir os que nos fan perder o tempo.

14/11/2008

Ensino universitario (I)

Temo que este post sexa o inicio dunha longa serie.
Hoxe vai polo tema idiomático. A calidade de expresión de moitos docentes é penosa. Mesmo no idioma que lles é habitual. Que dicir das outras linguas, tanto locais como estranxeiras! Que centro educativo pode pretender que os seus alumnos acaden capacidades comunicativas das que os profesores carecen?

O decreto do galego no ensino só afecta aos níveis non universitarios. Iso non xustifica o escandaloso atraso da normalización do noso idioma nas nosas 3 universidades públicas. Xa hai máis de 2 anos denunciábase a ausencia do galego na UDC. Algo haberá que facer.

14/12/2007

Materia(i)s en galego

Non é só no ensino obrigatorio e bacharelato. Tamén na Universidade a vontade de traballar na nosa língua se ve limitada polo pretexto de que non existen materiais en galego. O que non hai son ganas de os procurar onde están, ou de confrontar o traballo alleo coa nugalla propia. Só poño un exemplo.