Mostrar mensagens com a etiqueta amor. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta amor. Mostrar todas as mensagens

28/03/2007

Musica para o amor... ou o sexo

Reto iniciado por mariademallou en casa allea.



De Otis Redding tamén pode valer "Try a Little Tenderness", ainda que é algo mais sentimental. Claro que, como di unha amiga, a música mais "follable" de todos os tempos é un bon blues ramplón. Para o amor ou o sexo: John Lee Hooker ("I'm in the mood"), Muddy Waters("Hoochie Coochie Man"), Howlin' Wolf ("May I have a talk with you"), ou mesmo os do pais son excelentes exemplos.

12/02/2007

Soliloquio dunha xacia


Ouh, río, lámbeme a pel, bícame a alma.
Dame as caricias do que se foi polo camiño sen retorno. Perfúmate de xarxa e tomentelo e alenta sobre min. E, se non me podes amar, agranda o peito, ven en enchente e berra. Berra e borra o meu pozo e a memoria de min, porque só o esquecemento é o perdón.

Marica Campo

09/02/2007

I like my body when it is with yours


I like my body when it is with your
body. It is so quite a new thing.
Muscles better and nerves more.
I like your body. I like what it does,
I like its hows. I like to feel the spine
of your body and its bones, and the trembling
-firm-smooth ness and which I will
again and again and again
kiss, I like kissing this and that of you,
I like, slowly stroking the, shocking fuzz
of your electric fur, and what-is-it comes
over parting flesh . . . . And eyes big love-crumbs,

and possibly i like the thrill

of under me you quite so new


e. e. cummings

05/02/2007

O BICO DE KLIMT

Fóra é o outono dourado.

Ules a madeira noble e pecho os ollos
para que me cinga o teu perfume feito brazos
ou hedra, a túa coroa,
vermello deus espido baixo do manto.
En tanto que eu percorro as túas veigas
o pelo préndeseme nas flores. Mesmo
esquezo os marcos e soño que te aloumiño
como orballo.
Fálasme ao ouvido e pecho os ollos
para mais verte e que te escoite a alma.

E entón, no amor, eu canto.

Teresa Cuíñas

26/01/2007

(sei que non é o tempo, pero...)


Ora vamos ao campo colher amoras
e amores!
Amar, amadores amantes!

Cecília Meireles