Mostrar mensagens com a etiqueta humor. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta humor. Mostrar todas as mensagens
15/08/2016
A brétema papou a Torre de Hércules
Quen se achegase á Coruña esta mañá había de levar unha boa sorpresa: desaparecera a Torre de Hércules. Por un curioso fenómeno os bancos de néboa concentráronse de tal xeito na contorna do monumento que, fose cal fose o ángulo desde o que se tentase albiscar o faro, era imposible. Estas fotos tomeinas desde a estatua de Breogán e desde San Xosé.
26/05/2016
15/06/2015
Ofrendas lucenses
Quen defende "unha tradición centenaria que nos unifica como pobo" son os mesmos que negan a nosa identidade como nación. Pero imaxinemos que certamente os galegos e galegas tivésemos unha obriga ritual coa catedral de Lugo.
A Ofrenda ante o Sacramento de Lugo é un acto de vasalaxe, propio do contexto no que se fundou. Baséase nunha promesa de obediencia a cambio de protección.
O alcalde que presenta a ofrenda faino como delegado rexio. Poderíase aducir que o primeiro que se safa do seu deber ante a Igrexa é o rei de Galiza (nesta altura, algún borbónido). Suponse que no seu lugar interveñen os representantes do Reino. Se ben no século XVII estes eran os rexedores das sete capitais, segundo a lexislación actualmente en vigor esas competencias tenas o presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijoo. Outro que se "escaquea". Pero o langrán/herexe é Martiño Noriega.
Canto ao argumento da antigüidade do compromiso (uns centos de anos), vou reivindicar unha tradición milenaria. Desde a fundación de Lucus, o oferente ante os deuses no nome da cidadadanía era o Pontifex. O significado etimolóxico dese título é o "construtor de pontes". Ese alto cargo político e relixioso era o responsable da dirección dos rituais orientados a obteren o favor dos deuses para o pobo.
Non me negarán que, consecuentemente, a portavocía relixiosa lle corresponde a Pepiño Blanco.
26/03/2013
07/03/2007
Grelos da Galiza
Hoxe, a causa de Andressolo, sairon na prensa oficial e na extraoficial.
(A imaxe é de Aduaneiros sem fronteiras)
26/02/2007
Subscrever:
Mensagens (Atom)



agasallo dun valiosísimo amigo; grazas