- Datación: Antonio López Ferreiro transcribe Era MCXVI (1078) pero Gómex Moreno le Era MCXLI (1103) máis acorde coa construción do transepto.
- Timpano dereito: 1) Traición de Xudas; 2) Pilatos lavando as mans ou Xesús coa coroa de espiñas; 3) Flaxelación; 4) Camiño do Calvario; 5) Epifanía
- Tímpano esquerdo: 6) Cristo entre dous anxos que o bendín con incensarios; 7) As 3 tentacións do demo en forma de mono con ás; 8) A muller adúltera; 9) bustos de santos; 10) enfrentamentos de leóns (loita contra o pecado?)
- 11) cabezas de león
- Xambas: 12) Santo André; 13) Moisés; 14) Apóstolo sen identificar ou Aarón; 15) muller cun león procedente da portada do Paraíso, igual que as imaxes dos lateraises que representan 16) Rei David e 17) Sacrificio de Isaac
- Parte central: 18) Anagrama de Cristo (Alfa-Omega); 19) Agar escrava de Abraham ou Moisés?; 20) Abraham saíndo da tumba (parte da Transfiguracion) entre anxos trompeteiros
- Columnas (son 11 en total): na central 21) hai 12 personaxes con libros que poderían ser os profetas menores; por riba deles anxos e pombas; distribuidas de forma similar están as figuras dos Apóstolos nas outras dúas columnas de mármore 22) e 23). As outras 8 columnas son monolitos de granito, algunhas lisas e outras con ornamentos florais entre espirais.
- Friso superior: 24) Santiago entre cipreses; 25) Cristo; 26) Profetas procedentes do coro pétreo; 27) San Xoan; 28) Anxo sobre un animal e parella de figuras (Anunciación?); 29) grupo de apóstolos; 30) Outro grupo de apóstolos?; 31) Expulsión do Paraíso procedente da fachada Norte; 32) San Mateo; 33) Apóstolo; 34) Centauro do Zodíaco procedente da fachada Norte; 35) Santo André; 36) Virxe co neno; 37) grupo de apóstolos; 38) Serea=Piscis do Zodíaco; 39) Santos sen identificar
Mostrar mensagens com a etiqueta arte. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta arte. Mostrar todas as mensagens
17/05/2017
Fachada Praterías
No extremo sur do transepto da catedral de Santiago atopamos esta portada románica cara a praza do mesmo nome. A iconografía que describe Aimery Picaud no Codex Calixtinus non correponde exactamente co aspecto actual, polas modificacións sufridas dende a costrución. Atribúese a obra ao mestre Estevo e dous artistas máis que terían colaborado tamén en San Isidoro de León.
10/01/2016
13/09/2013
Galiza Sur e feiras culturais
O Culturgal e maila Feira do Livro de Braga abren as súas portas o 29 de Novembro. Habemos aproveitar a viaxe para visitarmos (segundo o tempo meteorolóxico e cronolóxico o permitan):
RUTA 1: Póvoa de Varzim, Vila Nova de Famalicão, Vila do Conde
En Póvoa de Varzim (mapa): o Monte da Cividade nas costas da vila, a Fortaleza na beiramar, e no centro o Pelourinho manuelino, a Igreja Matriz, a Igreja das Dores e a Igreja-farol da Lapa. O 30 de Novembro é a romaría dos pescadores en Santo André en Aver-o-Mar. Celébrase todolos luns unha feira nas Moninhas. (Mirar a artesanía téxtil: liño, mantas de trapos...)
En Vila do Conde (mapa): enorme patrimonio monumental, destacando o convento e o acueducto de Santa Clara, a Igreja-Matriz manuelina e o Forte da Assunção. A Rota dos Mosteiros inclúe o da Junqueira e chega até a igrexa románica de Rio Mau, que xa visitamos da última vez.
En Vila Nova de Famalicão: Castros das Ermidas e das Eiras (coa Pedra Formosa), Mosteiro medieval de Landim, Igreja templaria de Santiago de Antas, casa de Camilo Castelo Branco, Museu da Industria Téxtil.
RUTA 2: Vila Real, Amarante, Lamego
En Vila Real (roteiro turístico en pdf ou estoutro): Igreja de São Domingos (Sé), Pelourinho, Casa do navegador Diogo Cão, Solar de Mateus, Torre de Quintela en Vila Marim.
En Amarante e val do Tâmega (lista monumentos): Ponte e Mosteiro de São Gonçalo, Igreja São Domingos, a igrexas da Rota do Románico do Mosteiro de Travanca, de São Martinho de Mancelos, de Santo André de Telões, do Salvador do Freixo de Baixo, do Salvador de Lufrei, de Gondar.
En Lamego: a Sé, o Santuário de Nossa Senhora dos Remédios, o castelo, a Igreja románica de Santa María Maior de Almacave,

12/05/2013
27/03/2012
Agasallos con xeito
11/11/2009
Arte contemporánea
Non se quere entender a cultura. Nunha economía liberal onde o individuo está cada vez máis só, ten sentido falar de cultura? É cultura a Cidade da ídem? É cultura un ciclo de poesía en vivo? Son cultura as instalacións vangardistas, ou un timo? Nas redes sociais galegas e no blogomillo en particular, hai máis dun khmer vermello que non distingue snobs, culturetas, establishment... e verdadeiros artistas. Onde está a liña?Haberá que volver ás orixes das nosas primeiras aulas de lingua e reflexionar sobre a comunicación, canle, código, emisor, receptor, e todos eses conceptos enferruxados e esquecidos. Unha obra de arte, teña a forma que teña, é unha mensaxe. É unha composición que un autor constrúe para provocar no seu público unha reacción. Para que corra un mínimo entendemento entre uns e outros hai que recorrer a elementos que poidan ter un significado común. Unha rea de prumas de pita pode dicir moito. Tanto como un cadro festivo de Brueghel. Sobre todo se quedou o poleiro aberto e o raposo anda perto.
11/12/2007
Homenaxe ás Uvas
En particular, e por referencias, ao cronista X.M. González, estatuaria lucense:
(Edito para poñerlles título:)
1.- Aguilucho/Pombo/Monumento Bimilenario na Praza Santo Domingo
2.- Busto de Xoan Montes nos xardíns de San Roque
3.- Homenaxe a Luis Pimentel na Praza Maior
4.- Estatua de Ánxel Fole detrás do Concello
5.- Ulmeiro recordatorio dos desaparecidos "negrillos" da Praza Maior
6.- Homenaxe aos Pelachos (familia de ficción de El Progreso) na Praza da Constitución
7.- Monumento á República na Praza da Soedade
8.- Monumento á UNICEF na Praza de Ferrol
9.- ? na Praza Santo Domingo
10.- Relevos de escritores na Praza Maior

13/10/2007
Misións Pedagóxicas (suite & fin?)
Entre as seccións de actividade das Misións (bibliotecas, cinema, etc) intereseime especialmente pola de teatro, onde se fai unha homenaxe ao "noso" Rafael Dieste, con imaxes dunha representación da "Fiestra Valdeira" en Rianxo e sobre todo coa estrea da súa compañía de monicreques que bautizou o "Retablo de Fantoches" en Malpica en 1933.
Na web non dei atopado audios relacionados, no Youtube a única referencia a Dieste é unha representación teatral na Universidade Federal de Santa Catarina (Brasil).
13/06/2007
Visións
Edito mais unha vez para engadir a miña crítica do libro.
14/04/2007
En realidade, o post é de antonte
Estatua de bronce de Sam Taylor Barnes, relativa ao noso encadeamento co noso própio pasado.
Subscrever:
Mensagens (Atom)