Mostrar mensagens com a etiqueta bookcrossing. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta bookcrossing. Mostrar todas as mensagens

14/05/2024

Intercambio de libros

Son bookcrosser desde 2006. Levo compartidos dende entón varios centos de libros, e teño previsión de liberar uns cantos máis o vindeiro venres 17 de maio, pola celebración das Letras Galegas.
Tamén quero agradecer ás miñas amizades bookcrossers os agasallos recibidos ultimamente polo Día do Libro.

04/09/2016

Libros ceibes en Ferrol

O outro día descubrín na Rúa Dolores, 81 da cidade departamental un local que se anunciaba como libraría gratuíta.

Usan o logo de bookcrossing pero non están cadastrados no web. Como estaban pechados por vacacións non puiden comprobar se os libros estaban rexistrados co BCID.



07/07/2016

BC-Sorpresa!

Este mes gañei a nosa 22 edición do xogo do Criminal de verán. Ergo son a beneficiaria dun feixe de libros e agasallos sorpresa en forma de sementes para a hortiña. (O outro agraciado é o servizo postal, que mimá o que cobra por unhas moi mellorables prestacións!)

Estes chegaran a semana pasada:

Estoutros son os desta semana:



Os chocolates consumíronse, as sementes agardan o seu momento de xermolar, os libros están a piques de se integraren na nova biblioteca bookcrosseira:


Nos baixos xa están asentados os libros doados pola Asociación Anam Cara:


23/04/2016

Bookcrossing creativo

Hoxe é o día do libro e/ou Sant Jordi.
Cadra nun soleado sábado, ideal para liberar e ir de caza.
En Carabanchel estiveron reciclando postos telefónicos avariados:

29/03/2016

Os 100 libros do século XX segundo Le Monde

Evidentemente, hai unha grande maioría de obras en francés. Risco os que estou certa de que lin, pero hai algún máis, do que teño dúbidas (haberá que pasar por casa para comprobar a biblioteca)


1 El extranjero Albert Camus 
2 En busca del tiempo perdido Marcel 
3 El proceso Franz Kafka 
4 El principito Antoine de Saint-Exupéry 
5 La condición humana André Malraux 
6 Viaje al fin de la noche Louis-Ferdinand Céline 
7 Las uvas de la ira John Steinbeck 
8 Por quién doblan las campanas Ernest Hemingway 
9 El gran Meaulnes Alain-Fournier 
10 La espuma de los días Boris Vian 
11 El segundo sexo Simone de Beauvoir 
12 Esperando a Godot Samuel Beckett 
13 El ser y la nada Jean-Paul Sartre 
14 El nombre de la rosa Umberto Eco 
15 Archipiélago Gulag Aleksandr Solzhenitsyn 
16 Paroles Jacques Prévert 
17 Alcoholes Guillaume Apollinaire 
18 El Loto Azul Hergé 
19 Diario de Ana Frank Anne Frank 
20 Tristes trópicos Claude Lévi-Strauss 
21 Un mundo feliz Aldous Huxley 
22 1984 George Orwell 
23 Astérix el Galo René Goscinny e Albert Uderzo 
24 La cantante calva Eugène Ionesco 
25 Tres ensayos sobre teoría sexual Sigmund Freud 
26 Opus nigrum Marguerite Yourcenar 
27 Lolita Vladimir Nabokov 
28 Ulises James Joyce 
29 El desierto de los tártaros Dino Buzzati 
30 Los monederos falsos André Gide 
31 El húsar en el tejado Jean Giono 
32 Bella del Señor Albert Cohen 
33 Cien años de soledad Gabriel García Márquez 
34 El ruido y la furia William Faulkner 
35 Therese Desqueyroux François Mauriac 1927 Francés Francia 
36 Zazie en el metro Raymond Queneau 
37 La confusión de los sentimientos Stefan Zweig 
38 Lo que el viento se llevó Margaret Mitchell 
39 El amante de Lady Chatterley D. H. Lawrence 
40 La montaña mágica Thomas Mann Nobel 
41 Buenos días, tristeza Françoise Sagan 
42 El silencio del mar Vercors (Jean Bruller) 
43 La vida instrucciones de uso Georges Perec 
44 El sabueso de los Baskerville Arthur Conan Doyle 
45 Bajo el sol de Satanás Georges Bernanos 
46 El gran Gatsby F. Scott Fitzgerald 
47 La broma Milan Kundera 
48 El desprecio Alberto Moravia 
49 El asesinato de Roger Ackroyd Agatha Christie 
50 Nadja André Breton 
51 Aurélien Louis Aragon 
52 El zapato de raso Paul Claudel 
53 Seis personajes en busca de autor Luigi Pirandello 
54 El resistible ascenso de Arturo Ui Bertolt Brecht 
55 Viernes o la vida salvaje Michel Tournier 
56 La guerra de los mundos H. G. Wells 
57 Si esto es un hombre Primo Levi 
58 El Señor de los Anillos J. R. R. Tolkien 
59 Los zarcillos de la viña Colette 
60 Capital del dolor Paul Éluard 
61 Martin Eden Jack London 
62 La balada del mar salado Hugo Pratt 
63 El grado cero de la escritura Roland Barthes 
64 El honor perdido de Katharina Blum Heinrich Böll 
65 El mar de las Sirtes Julien Gracq 
66 Las palabras y las cosas Michel Foucault 
67 En el camino Jack Kerouac 
68 El maravilloso viaje de Nils Holgersson 
69 Una habitación propia Virginia Woolf 
70 Crónicas marcianas Ray Bradbury 
71 El arrebato de Lol V. Stein Marguerite Duras 
72 El atestado J. M. G. Le Clézio 
73 Tropismos Nathalie Sarraute 
74 Diario, 1887-1910 Jules Renard 
75 Lord Jim Joseph Conrad 
76 Escritos Jacques Lacan 
77 El teatro y su doble Antonin Artaud 
78 Manhattan Transfer John Dos Passos 
79 Ficciones Jorge Luis Borges 
80 Moravagine Blaise Cendrars 
81 El general del ejército muerto Ismail Kadare 
82 La decisión de Sophie William Styron 
83 Romancero gitano Federico García Lorca 
84 La muerte ronda a Maigret Georges Simenon 
85 Santa María de las Flores Jean Genet 
86 El hombre sin atributos Robert Musil 
87 Furor y misterio René Char 
88 El guardián entre el centeno J. D. Salinger 
89 No hay orquídeas para Miss Blandish James Hadley Chase 
90 Blake y Mortimer Edgar P. Jacobs 
91 Los cuadernos de Malte Laurids Brigge Rainer Maria Rilke 
92 La modificación Michel Butor 
93 Los orígenes del totalitarismo Hannah Arendt 
94 El maestro y Margarita Mijaíl Bulgákov 
95 La crucifixión rosa Henry Miller 
96 El sueño eterno Raymond Chandler 
97 Amers Saint-John Perse 
98 Tomás el Gafe André Franquin 
99 Bajo el volcán Malcolm Lowry 
100 Hijos de la medianoche Salman Rushdie

24/08/2013

Máis sobre libros e redes sociais

Non sei se piarían tarde, vista a hexemonía de Amazon e o poderío co que entrou Google no mercado dos libros dixitais. Casa del Libro está a ofrecer a posibilidade de autoeditarse con eles. É un xeito de aumentar rapidamente o catálogo e darse a coñecer. Con todo, os éxitos da autoedición están moi supeditados á actividade dos propios autores na súa promoción polas redes sociais. Curiosamente a listaxe non recolle as miñas fontes principais: Bookcrossing e Hislibris.

04/03/2013

O mercado da lectura

Xa noutro post publiquei información sobre a trampa dos "autores Amazon". O caso é que aumenta o número de lectores no estado español, segundo os datos publicados pola Federación do Gremio de Editores, sobre todo os que baixan gratuitamente as súas lecturas de internet.
Un dato significativo é que o 47,8% dos lectores le en dous idiomas ou máis; un 61,6% dos lectores galegos le tamén en galego. A porcentaxe de lectores en Galicia (39,0%) é menor que a estatal (40,3%) pero a media de libros mercados é superior (10,7% fronte a 9,1%).
Edito para engadir o informe do INE sobre a edición no Estado Español no 2012.

26/02/2013

e-readers, e-books

Estou case convencida polo Kobo Glo. Se o quero plateado, teño que agardar 3 semanas... ou máis. Pero se o merco de cor rosa, corro o risco de divorcio.
Non dou acabado de poñer orde nos máis de 1400 e-books que teño gardados no ordenador, para así saber os que paga a pena ler (non creo que chegue a unha cuarta parte, que mal gusto ten a xente, mimá!). Voume ter que animar a crear os meus propios e-books, tampouco parece tan complicado. (Ou hai que sacar un master?)
Canto aos contidos, hai ben páxinas web de e-books gratuitos (mesmo streamings legais! :D ), clásicos en inglés, francés, ou que cadre, ou para ler on-line... menos galego: no proxecto Gutemberg só ofertan o Catecismo do Labrego.
Engado comparativas en video:

22/02/2013

Mulleres corruptoras

El miedo en el siglo XVIII era que la literatura acabara en manos de las mujeres, no que las mujeres tomaran el poder. El hombre no tenía miedo tanto a la emancipación femenina a través de la lectura como a la degradación de la cultura a cargo de las mujeres.
http://www.eldiario.es/Kafka/miedo-XVIII-literatura-acabara-mujeres_0_103240584.html


(O subliñado é meu)





Non como na Idade Media.

 

27/03/2012

Agasallos con xeito



Veño de pasar pola tenda de Pórtico, e tiñan por 1 € fermosos kits de 2 marcapáxinas magnéticos con imaxes de Galicia. Moito mellor recordo que as gaitiñas de xoguete!. Tamén hai por 7,50€ caixiñas metálicas que conteñen surtidos de autocolantes con fotos semellantes.

11/03/2008

Agasallos


Outro meme blogomilleiro: os peores agasallos que nos teñan feito. Nace nunha illa de esperanza de liberdade, pasa por un taboleiro de colorada soberana, e finca na chaira procurando as miñas aletargadas neuronas.
Remexendo as lembranzas, vexo na obriga de confesar (vaia feminista estou feita!) que os peores crimes -en termos de agasallos- proceden das femias da parentela. A avó que teimaba en tecer enooooormes xerseis (duros de vez: aínda uso algún, dándolle varias voltas ás mangas, para pasear polo monte asustando aos cochos). Ou, moito peor (porque é unha maré que non cesa): os libros de autoaxuda, procedentes das novas xeracións. Menos mal que está o bookcrossing para lles procurar un destino mellor que o meu desprezo.
Seguro que o demo da quántica, o señor das tertulias culturetas e a miña froita dóce tamén poden partillar experiencias estarrecedoras...

03/12/2007

Bookcrossing

Con ese nome tan foráneo falamos dun intercambio universal de libros. Libros libres, sen dono permanente, que andan a viaxar polo mundo á procura de novos lectores. Recoñécense polo autocolante no que aparece o enderezo da web (www.bookcrossing.com) e o número de rexistro de cada libro, para poder ir seguindo o seu periplo.
Estes días andamos ceibando por Lugo varias ducias de exemplares. Algúns van asinados polos seus propios autores. Se atopas algún, trátao ben, entra na web para decir onde o atopaches e, cando o remates, vólveo deixar en calquer espazo onde o seu próximo lector o poida atopar.
Boa caza!