Boya indica un peso neto de 111 gr, escurrido de 60 gr. Orbe indica 113 gr de peso neto e 63 gr de peso escurrido. Vigilante indica un peso neto de 115 gr e 72 gr de peso escurrido. En realidade, Boya traía 20 zamburiñas, e nas outras dúas latas viñan 12 unidades en cada, todas dun calibre similar. O prebe de Vigilante era o máis aceitoso dos tres. No futuro, xa sei por que marca me decantarei.
Mostrar mensagens com a etiqueta cociña. Mostrar todas as mensagens

12/12/2016
Conservas de zamburiñas
Para a receita de canelóns (dá para uns 24 canelóns, ou sexa 4 racións) fan falta 3 latas de conservas de zamburiñas. Decidín experimentar e merquei tres marcas distintas (envasadas en Galicia, iso si: a primeira en Camariñas e as outras en Vigo).
11/12/2016
Fariñas
Non vou falar de política.
Estou feita un lío a respecto das diferentes fariñas culinarias que hai no supermercado, xa que ningunha ven rotulada cos códigos oficiais. Finalmente decidín mercar unha de forza, con moito glute, para as masas que hai que amasar con aceite e fermento, e outra de repostería, baixa en glute (e con moito amidón) para rebozados, bechamel e masas que levedan coa calor (biscoitos).
Receita de canelóns de zamburiñas.

02/01/2015
Torta de queixo fresco, noces e marmelo
Combinei estas tres receitas:
http://www.recetatartadequeso.com/TartaDeQueso/TartaDeQuesoConMembrillo/TartaDeQuesoConMembrillo.html
http://sevilla.abc.es/tusrecetas/recetas/andalucia/tarta-de-queso-con-membrillo.html
http://elnidodemamagallina.blogspot.com.es/2012/06/tarta-de-queso-y-membrillo.html
O molde era enorme, así que fixen unha cantidade grande. Puxen papel film entre as paredes e o fondo desmontable. Gastei case 200 gr de galletas e 100 de manteiga para o crocant do fondo. Para outra vez, moereinas máis e así precisarei de menos cantidade (quedoume un grosor de algo máis de 0,5 cm). Quedou uns minutos no conxelador mentres preparaba a crema.
Usei 4 follas de xelatina disoltas nun vaso de auga fervendo, 400 ml de nata, 400 gr de queixo de untar e 4 culleradas grandes de azucre. Debería ter aumentado algo a proporción de xelatina: a masa quedou cremosa pero podería estar algo máis callada ao final. Engadín uns anaquiños de noz sobre o fondo, que ao botar a crema aínda en estado líquido saíron a flote. Enchín o molde até os bordes o que foi algo arriscado para trasladalo á neveira mentres a masa aínda estaba líquida.
Derretín nun cazo uns 400 gr de marmelo caseiro (en realidade, dóce de marmelo, pera e mazá) e deiteino por riba da torta unha vez callada.
O resultado foi moi saboroso pero para o meu padal, dóce de máis. Para outra vez botarei menos marmelo ou, no canto deste, usarei a xalea de froitos vermello que é algo máis aceda.
O resultado foi moi saboroso pero para o meu padal, dóce de máis. Para outra vez botarei menos marmelo ou, no canto deste, usarei a xalea de froitos vermello que é algo máis aceda. A foto que saquei da torta está borrosa, pero non a podo repetir porque non quedou nin unha faragulla.

Subscrever:
Mensagens (Atom)