Mostrar mensagens com a etiqueta política. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta política. Mostrar todas as mensagens

26/05/2015

A marexada varre o lixo

Como polo Lume Novo de 2014 en Riazor (eles chámano San Juan).

http://mareatlantica.org/

http://compostelaaberta.org/

Neste recuncho da Chaira só se presentaban dúas listas, e pasamos disto:
a estoutro:


06/11/2009

Este vaise i aquel vaise...

... e todos, todos se van.

Uns políticos por outros, e a casa por barrer.

Os satélites de Feijoo _pijos urbanos de medio pelo, chámaos Pereiro_ lo único que pretenden es dar un buen servicio a los poderes de siempre y causar buena impresión fuera. Así que cuando hay que tomar decisiones de calado estratégico, como sobre las cajas, primero se intenta allanar el camino a lo que mandan de Madrid y cuando se advierte el abismo que eso supondría, no se estudia lo que habría que hacer, sino cómo quedar menos mal, a costa de los más débiles y con el menor coste general posible.

O caso é que uns queren un postiño en Madrid e farán o que sexa. Como se hai que vender ou regalar empresas lácteas, concesións eólicas, piscifactorías. E agora andan a voltas coas fusións das caixas. En Catalunya e Valencia os poderes públicos están a actuar. En Galicia a opinión pública está pola grande fusión galega. Os poderes públicos e privados, non: prefiren alianzas suprarrexionais que poñan o control das caixas en mans dos partidos estatais desde Madrid.

02/06/2009

Reglas e trampas

O Sin-Chan é un rapaz de 5 anos que se imita moito ao seu homónimo, un debuxo animado xaponés. Espelido e retranqueiro. Foi até pouco fillo único, e grande afeizoado á Play, á Game e á Wii.
Cando vén de visita gosta de xogar ao xadrez. Ao seu xeito, claro. Escolle unha cor, determina os movementos das figuras segundo o seu interese, de manera que el decote me coma fichas pero eu nunca lle poida atacar as del. Invariábel e inevitabelmente, gaña el. Sempre.
No Estado Español asentáronse no poder en alternancia dous partidos que se din antagónicos pero que no fondo defenden o mesmo sistema político e económico. Pactan normas de xogo que obrigan a todos menos a eles. Disque acordaron que nunca se habían empregar as pensións, o paro e o terrorismo como arma para a captación de votos. Tamén só poderían xogar os que rexeitasen a violencia. A violencia significa cualquer forma de opinión que non sexa a deles.
Nesta altura están a lle pedir aos nosos gandeiros, aos nosos prexubilados de estaleiros e aos parados da construción que confíen neles para resolver en Europa os nosos problemas. E aínda hai quen soña coa posibilidade de gañarmos algo no xogo.

13/05/2009

Quen vocea por nós?

Indo no coche facer o meu contributo escoitei na radio galega os comentarios da audiencia a propósito do debate sobre o "Estado da Nación". Unha das intervintes reprochaba a Jorquera a súa morna participación, reclamando que el é a voz que representa Galicia nas Cortes estatais. Que eu saiba hai na Cámara oficialmente 23 deputados que prometeron na campaña defender os intereses dos galegos, é curioso que só se lle esixa ese cumprimento a un ou dous deles. Probablemente estamos ante máis un caso de cidadá que vota nun partido de rango estatal con campaña presidencialista pero confía en que sexan os nacionalistas quen acheguen as demandas reais do país.

Recordatorio dos nosos teóricos representantes no Congreso:

17/02/2009

Promesas ou programas?

Vía Chíos de Chuza descubro o portal de Mundogaliza que ten en portada os programas e/ou promesas electorais dos partidos que se presentan ás eleccións do 1 de Marzo ao Parlamento de Galicia. (Ben, todos non están: non vexo o da Falanxe, por exemplo. Tampoco é que me interesase).

13/02/2009

Campañas

Estes tempos estamos asediados: campañas bífidas, ridiculistas, presidenciais-autonómicas...
Motivo para ceibar a creatividade dos mellores deseñadores gráficos.
Estes cartaces son obra de Maceirax.


22/09/2008

Porra das autonómicas


De Eurovisión xa non fai graza nin o especáculo. O seu único interese está en apostar polos votos que as relacións de amizade/conveniencia condicionan entre os países.
Ás vindeiras eleccións autonómicas pásalles algo similar. Iniciemos a porra dos medios (as cifras correspóndense a escanos do PP, PSOE e BNG no parlamentiño, segundo cada enquisa). A composición actual é 37-25-13.
FDV, 20/08/08: 33-27-15
LVG, 14/09/08: 35-26-14
LRZ, 22/09/08: 36-24-15

edito para engadir:
GZnacion, 03/10/08: 31/33-27/29-16/17
ANT, 12/12/08: 20,9%-24,4%-12,3%
LRZ, 18/01/09: 35/37-24/25-14/15
Xornal, 18/01/09: 33/34-25/26-16
a3, 21/01/09: 35/36-26/27-13
LVG, 25/01/09: 35-26-14
LRG, 01/02/09: 37/38-25/26-11/13
Público, 02/02/09: 35/36-25/26-13/15
Xornal, 08/02/09: 34/35-24/25-16
.pdf do CIF, 12/02/09: 35/36-27-12/13
Ser, 12/02/09: 34/36-25/27-14
Xornal, 15/02/09: 35-24-16
LRZ, 16/02/09: 35/37-24/26-14

e porras nos comentarios, chíos e wiki de Chuza!

E non podo evitar engadir estoutra imaxe, xenial creación do amigo Maceirax:

05/06/2008

Lavados do mar

Chuza! só recolle a puntiña do iceberg:
non-e-bo-dar-axudas-ao-sector-e-ainda-asi-o-estamos-facendo
bruxelas-declara-ilegais-as-axudas-que-francia-destinou-as-suas-empresas-pesqueiras-para-compensar-os-prezos-do-gasoil
milheiros-de-pescadores-protestam-em-madrid-para-exigir-medidas-contra-a-suba-dos-precos-do-gasoleo
o-berbes-bate-records-de-vendas-un-luns-pese-ao-paro-da-flota
os-pescadores-advirten-que-a-partir-do-16-de-xuno-non-habra-comercializacion-de-peixe-en-todo-o-pais
a-frota-protesta-en-ribeira

Sendo do interior e pouco coñecedora da economía do mar, só me queda preguntarme con desconfianza se a suba do petróleo vai servir de pretexto para unha reconversión brutal da pesca para maior beneficio dos armadores. Como cando despois do 11-S todas as compañías aéreas aproveitaron para largar persoal coa desculpa (falsa) de que baixara o número de pasaxeiros. Está claro que a prensa presiona aos políticos para ceder á chantaxe.

19/02/2008

Xa están aíiiii...


Quen vai ser? As eleccións estatais. Teoricamente aínda non comezou a campaña pero cada vez se publican máis enquisas e quinielas de resultados. Detéctase certa expectación no ár por se "os nosos" aumentarán máis ou menos que "os outros", por se gañarán "os maos" ou os "menos maos".
Pero... realmente o resultado dos comicios vai mudar algo da nosa realidade social? Seremos máis libres, máis felices, máis seguros, mellor servidos, con uns que con outros? De certo que...

26/10/2007

O problema non é...

... que haxa demasiados inmigrantes en Europa
O problema tampouco é que haxa tantos africanos arriscando o pelexo por chegar aquí. Ou tantos sudamericanos asumindo condicións laborais próximas da escravitude.
O problema é que os nosos políticos ao amparo dos intereses das grandes potencias (hoxe, bancos e petroleiras, principalmente) colonizaran e descolonizaran o hemisferio Sur dun xeito tal, que os seus poboadores sufren unha miseria e unha desesperación que bordean a loucura. E nen sequer se aveñen a limpar as nosas conciencias coa ínfima caridade do 0,7% do noso PIB.
Como nos habemos escandalizar a estas alturas das consecuencias do noso egoísmo?

20/06/2007

Santa Liberdade

Non me refiro ao barco secuestrado e rebautizado por patriotas galegos. Falo do emprego capcioso que uns fanáticos fan deste termo para lles fechar portas aos seus fillos. Porque digo eu, para que estes que agora son meniños poidan un día escoller LIBREMENTE se se queren expresar en galego ou castelán deben recibir unha educación bilingüe, non?

09/03/2007

os que se foron, os que se van (2)


Outros que non volverán... Porque seguen aquí. Xente coma nós, con familias, con proxectos para as súas vidas e para o noso país aos que a barbarie fascista non permitiu nin a fuxida cara o exilio. Pero o feito de eles viviren e morreren constitúe un chanzo mais na nosa identidade como pobo, como nación. (Visto en Brétemas).

Edito 10/03/07: ningún xornal galego recolleu o acto. Só atopei a crónica en El País!

08/03/2007

todas nós


Non sei certo quen lembrar hoxe: as traballadoras oprimidas, as traballadoras valoradas, as traballadoras contratadas, as traballadoras autónomas, as traballadoras invisíbeis... O dereito a un traballo xusto e remunerado nas mesmas condicións que calquer outra persoa independentemente do sexo paréceme tan obvio que non concibo como no primeiro mundo ainda sexa unha reivindicación necesaria. Pois é.
A miña sentida homenaxe á siña Angelita da Barcia, traballadora incansábel aos seus 84 anos.

02/03/2007

Blogroll

Unha noite de invernía, unha sesión de navegación solitaria... Unhas illas fantásticas que fan que mereza a pena inaugurar un blogroll.

http://asuvasnasolaina.blogspot.com/

http://oportodosescravos.blogspot.com/

http://espello.blogspot.com/

http://miradascomafrechas.blogspot.com/


Edito para engadir dous modestísimos vencellos mais, o dos meus reintegrismos e o que anuncia a primaveira na Chaira!