Mostrar mensagens com a etiqueta amizade. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta amizade. Mostrar todas as mensagens

02/01/2015

Torta de queixo fresco, noces e marmelo

Combinei estas tres receitas:
http://www.recetatartadequeso.com/TartaDeQueso/TartaDeQuesoConMembrillo/TartaDeQuesoConMembrillo.html

http://sevilla.abc.es/tusrecetas/recetas/andalucia/tarta-de-queso-con-membrillo.html

http://elnidodemamagallina.blogspot.com.es/2012/06/tarta-de-queso-y-membrillo.html

O molde era enorme, así que fixen unha cantidade grande. Puxen papel film entre as paredes e o fondo desmontable. Gastei case 200 gr de galletas e 100 de manteiga para o crocant do fondo. Para outra vez, moereinas máis e así precisarei de menos cantidade (quedoume un grosor de algo máis de 0,5 cm). Quedou uns minutos no conxelador mentres preparaba a crema.
Usei 4 follas de xelatina disoltas nun vaso de auga fervendo, 400 ml de nata, 400 gr de queixo de untar e 4 culleradas grandes de azucre. Debería ter aumentado algo a proporción de xelatina: a  masa quedou cremosa pero podería estar algo máis callada ao final. Engadín uns anaquiños de noz sobre o fondo, que ao botar a crema aínda en estado líquido saíron a flote. Enchín o molde até os bordes o que foi algo arriscado para trasladalo á neveira mentres a masa aínda estaba líquida.
Derretín nun cazo uns 400 gr de marmelo caseiro (en realidade, dóce de marmelo, pera e mazá) e deiteino por riba da torta unha vez callada.
O resultado foi moi saboroso pero para o meu padal, dóce de máis. Para outra vez botarei menos marmelo ou, no canto deste, usarei a xalea de froitos vermello que é algo máis aceda.
O resultado foi moi saboroso pero para o meu padal, dóce de máis. Para outra vez botarei menos marmelo ou, no canto deste, usarei a xalea de froitos vermello que é algo máis aceda. A foto que saquei da torta está borrosa, pero non a podo repetir porque non quedou nin unha faragulla.

27/05/2010

Marcos, volta sempre!


Non é posible despedirse dalgo que forma parte de ti, que foi libado, absorbido e asimilado. Marcos e a súa solaina seguirán a dar colleitas saborosas e abundantes ao longo de moitos anos, a través do saber e do saber estar que nos trasmitiu aos que guichamos entre a parra, pispando algún grolo coa anuencia do adegueiro. Mil vendimas máis para a cultura galega.
http://asuvasnasolaina.blogspot.com/2010/05/un-lostrego-por-marcos-valcarcel.html

15/09/2007

Por qué?

Por qué abrín un blog?
Dame moita preguiza escribir, prefiro ler. Cen, mil veces.
A única vantaxe é o pretexto que me da para axexar e comentar en blogs alleos. Só por iso, vale a pena o "sacrificio" duns minutiños ao mes. Seguídeme alimentando, por favor. Preciso de vos ler.

30/05/2007

Intimidade


En que momento da miña infancia os libros mudaron a definición de "ser vivo" que "nace, crece, se reproduce y muere" polo mais politicamente correcto "nace, crece, se relaciona y muere"? (Hai que se reproducir noutro ser para estar vivo? Ou basta con ir deixando en cada un dos nosos coñecidos un pouquiño de nós mesmos?)
Nun serán de far niente (por fin!), cun libro na man e unha gata preñe no colo, deume por pensar nas persoas con quen compartín intimidade, ese espir a alma sen volta atrás, botarse de cabeza e confiar no outro. Graciñas, meus amigos, por estardes aí.