Mostrar mensagens com a etiqueta convocatoria. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta convocatoria. Mostrar todas as mensagens

26/04/2016

Este sábado, arde Compos!

Como se non tivese a axenda a botar faíscas abondas.



13/09/2013

Galiza Sur e feiras culturais

O Culturgal e maila Feira do Livro de Braga abren as súas portas o 29 de Novembro. Habemos aproveitar a viaxe para visitarmos (segundo o tempo meteorolóxico e cronolóxico o permitan):

RUTA 1: Póvoa de Varzim, Vila Nova de Famalicão, Vila do Conde
En Póvoa de Varzim (mapa): o Monte da Cividade nas costas da vila, a Fortaleza na beiramar, e no centro o Pelourinho manuelino, a Igreja Matriz, a Igreja das Dores e a Igreja-farol da Lapa. O  30 de Novembro é a romaría dos pescadores en Santo André en Aver-o-Mar. Celébrase todolos luns unha feira nas Moninhas. (Mirar a artesanía téxtil: liño, mantas de trapos...)

En Vila do Conde (mapa): enorme patrimonio monumental, destacando o convento e o acueducto de Santa Clara, a Igreja-Matriz manuelina e o Forte da Assunção. A Rota dos Mosteiros inclúe o da Junqueira e chega até a igrexa románica de Rio Mau, que xa visitamos da última vez.

En Vila Nova de Famalicão: Castros das Ermidas e das Eiras (coa Pedra Formosa), Mosteiro medieval de Landim, Igreja templaria de Santiago de Antas, casa de Camilo Castelo Branco, Museu da Industria Téxtil.


RUTA 2: Vila Real, Amarante, Lamego
En Vila Real (roteiro turístico en pdf ou estoutro): Igreja de São Domingos (Sé), Pelourinho, Casa do navegador Diogo CãoSolar de Mateus, Torre de Quintela en Vila Marim.





En Amarante e val do Tâmega (lista monumentos): Ponte e Mosteiro de São Gonçalo, Igreja São Domingos, a igrexas da Rota do Románico do Mosteiro de Travanca, de São Martinho de Mancelos, de Santo André de Telões, do Salvador do Freixo de Baixo, do Salvador de Lufrei, de Gondar.

En Lamego: a , o Santuário de Nossa Senhora dos Remédios, o castelo, a Igreja románica de Santa María Maior de Almacave,

20/02/2013

U-lo twiter en galego?

Sábese algo máis?

Edito: foi postear neste blog, e ás 6 h xa estaba dispoñible -en beta. Veño de mudar por fin a configuración.

05/02/2012

Plus on est fous...


As labores xa non son "do fogar". Acadan dimensións reivindicativas nunca vistas.
Visto en disquecool, vía praza.

16/09/2008

Festivaleiros

Remata o verán e botas a vista atrás... e pensas en programar o próximo.
Ser festivaleiro non é ir simplemente a pasalo ben e dar imaxe de país. É facer que os que están contigo tamén disfruten da música, das noites á imprevisíbel intemperie galega, e da boa compaña. Ser xeneroso coa alegría de vivir. Por iso o meu voto foi este.
Pajón
Komunikando.net - 16-Set-2008

22/08/2008

Malla revisited

Hai un ano era a VIIª edición, o vindeiro domingo 24 será a VIIIª! Pó, suor, centos de veciños a falar dos tempos aqueles, e unha papatoria das de toda a vida, das de sempre, das que non se perden, á sombra dos castiñeiros que bordean a "aira" municipal. E sobre todo, xente ilusionada traballando a facer país.

P.D. E non creades aos de LVG que a anunciaban para a semana pasada, simplemente é que non saben ler un cartaz. O día 9 segamos e medeiramos, o 17 erixiuse a meda e pola noite asistimos á representación de "Pan", unha obra que Voltaedalle está a levar por todo o país.

03/12/2007

Bookcrossing

Con ese nome tan foráneo falamos dun intercambio universal de libros. Libros libres, sen dono permanente, que andan a viaxar polo mundo á procura de novos lectores. Recoñécense polo autocolante no que aparece o enderezo da web (www.bookcrossing.com) e o número de rexistro de cada libro, para poder ir seguindo o seu periplo.
Estes días andamos ceibando por Lugo varias ducias de exemplares. Algúns van asinados polos seus propios autores. Se atopas algún, trátao ben, entra na web para decir onde o atopaches e, cando o remates, vólveo deixar en calquer espazo onde o seu próximo lector o poida atopar.
Boa caza!

13/10/2007

Misións Pedagóxicas (suite & fin?)

Finalmente visitei a exposición, gustoume tanto (contidos e montaxe) que ainda estou a darlle voltas á posibilidade de mercar o catálogo completo (50,00€ e uns 3kg de sabiduría). Levei, iso si, o DVD dun dos documentos, unha reportaxe de Gonzalo Tapia realizada en 2006 para Acacia Films.
Entre as seccións de actividade das Misións (bibliotecas, cinema, etc) intereseime especialmente pola de teatro, onde se fai unha homenaxe ao "noso" Rafael Dieste, con imaxes dunha representación da "Fiestra Valdeira" en Rianxo e sobre todo coa estrea da súa compañía de monicreques que bautizou o "Retablo de Fantoches" en Malpica en 1933.
Na web non dei atopado audios relacionados, no Youtube a única referencia a Dieste é unha representación teatral na Universidade Federal de Santa Catarina (Brasil).

24/09/2007

Misións Pedagóxicas

Lin na prensa local que se inaugura hoxe en León unha exposición sobre as misións pedagóxicas instauradas en 1931 para achegar a cultura aos mais desfavorecidos, especialmente nas zonas rurais. Quen sabe quen aprendería mais, os paisanos da montaña ou os intelectuais urbanitas que tanto ignoraban da realidade do seu propio país. Xa vos contarei o que me parezan os contidos.

23/08/2007

O noso trigo, a nosa meda, a nosa malla






























O próximo domingo 26 de agosto, por 7º ano consecutivo a Asociación de Amigos da Feira de Castro de Rei celebrará a malla tradicional, na Praza Maior fronte o Concello, entre castiñeiros e boa xente. 700 mollos (unhas 3 fanegas) que nos levará mallar toda a mañá, seguidos dun xantar típico: sardiñas (de lata) cacholas e chourizos, pan caseiro de Veneranda e Ifigenia, queixo e marmelo, viño, café e augardentes. Agardámosvos!


(Edito para engadir o cartaz, grazas Anllo!)