
Hai un ano era a
VIIª edición, o
vindeiro domingo 24 será a VIIIª! Pó, suor, centos de veciños a falar dos tempos aqueles, e unha papatoria das de toda a vida, das de sempre, das que non se perden, á sombra dos castiñeiros que bordean a "aira" municipal. E sobre todo,
xente ilusionada traballando a facer país.
P.D. E non creades
aos de LVG que a anunciaban para a semana pasada, simplemente é que non saben ler un cartaz. O día 9 segamos e medeiramos, o 17 erixiuse a meda e pola noite asistimos á representación de "Pan", unha obra que
Voltaedalle está a levar por todo o país.
1 comentário:
Sempre que se fala da malla a min venme un recordo super vívido de sugar a media mañá unha onza de chocolate (dese do groso para facer á taza) que a miña avoa traía á aira para repoñer forzas. Xa vés, nin o po, nin o rúido da malladora, nin o balbordo da xente... o chocolate :p
Enviar um comentário