23/08/2007

O noso trigo, a nosa meda, a nosa malla






























O próximo domingo 26 de agosto, por 7º ano consecutivo a Asociación de Amigos da Feira de Castro de Rei celebrará a malla tradicional, na Praza Maior fronte o Concello, entre castiñeiros e boa xente. 700 mollos (unhas 3 fanegas) que nos levará mallar toda a mañá, seguidos dun xantar típico: sardiñas (de lata) cacholas e chourizos, pan caseiro de Veneranda e Ifigenia, queixo e marmelo, viño, café e augardentes. Agardámosvos!


(Edito para engadir o cartaz, grazas Anllo!)

4 comentários:

Anónimo disse...

Boas medas, malhas e festas a tod@s @s de Castro de Rei.

Madame Vaudeville (Chus Álvarez) disse...

O azar tróuxome ata esta malla de trigo e estiven lendo algúns dos seus chantos na chaira. No meu pequeno cabaret tamén estamos de festa. Comezou a función hai un chisco e variados espectáculos de maxia -visual e sonora- e unha morea de letras están agardando por vostede, ma petit lourixe. Queda vostede convidada.
Saúdos cheos de maxia vaudevillesca.

A rapaza do arco disse...

Isto lémbrame ás que vivía eu de pequena na miña casa, como non levantaba do chan nin unha cuarta non tiña que axudar no traballo e aquilo era unha festa. Creo que nalgunha conversa de hai tempo me emocionei toda falando a favor das modernidades no rural pero cando o traballo tradicional se recupera para non perder a memoria e de paso facer unha super festa... pois está moi ben ;) A disfrutar

Mario disse...

Eu polo traballo non moito, pero aínda che devezo polo almorzo...