15/09/2007

Por qué?

Por qué abrín un blog?
Dame moita preguiza escribir, prefiro ler. Cen, mil veces.
A única vantaxe é o pretexto que me da para axexar e comentar en blogs alleos. Só por iso, vale a pena o "sacrificio" duns minutiños ao mes. Seguídeme alimentando, por favor. Preciso de vos ler.

3 comentários:

Anónimo disse...

Muller, non pretenderás non "alimentar" o blog e que veña moita xente a visitalo. O blog hai que curralo (fíxate no éxito d´As Uvas... ou dos Fíos...), que se non o persoal pasa. Logo non te queixes.
Non mo tomes a mal. Un saúdo.

Madame Vaudeville (Chus Álvarez) disse...

Estou feliz coa súa volta, lourixe. Xa facía tempo sen novas súas...
Veña cando queira ao meu cabaretiño. Dareille conversa e espectáculos varios. Bicos na chaira

Mario disse...

Pois si, ás veces é mellor adicarse a axexar, ao mellor acabo imitándote.