27/02/2013

Escribir para lectores

Desde estas obras chego a esta reflexión e póñome a pensar en reler estoutra. Sen esquecer a teoría de Eco que xa comentei nalgures...

26/02/2013

e-readers, e-books

Estou case convencida polo Kobo Glo. Se o quero plateado, teño que agardar 3 semanas... ou máis. Pero se o merco de cor rosa, corro o risco de divorcio.
Non dou acabado de poñer orde nos máis de 1400 e-books que teño gardados no ordenador, para así saber os que paga a pena ler (non creo que chegue a unha cuarta parte, que mal gusto ten a xente, mimá!). Voume ter que animar a crear os meus propios e-books, tampouco parece tan complicado. (Ou hai que sacar un master?)
Canto aos contidos, hai ben páxinas web de e-books gratuitos (mesmo streamings legais! :D ), clásicos en inglés, francés, ou que cadre, ou para ler on-line... menos galego: no proxecto Gutemberg só ofertan o Catecismo do Labrego.
Engado comparativas en video:

22/02/2013

Mulleres corruptoras

El miedo en el siglo XVIII era que la literatura acabara en manos de las mujeres, no que las mujeres tomaran el poder. El hombre no tenía miedo tanto a la emancipación femenina a través de la lectura como a la degradación de la cultura a cargo de las mujeres.
http://www.eldiario.es/Kafka/miedo-XVIII-literatura-acabara-mujeres_0_103240584.html


(O subliñado é meu)





Non como na Idade Media.

 

20/02/2013

U-lo twiter en galego?

Sábese algo máis?

Edito: foi postear neste blog, e ás 6 h xa estaba dispoñible -en beta. Veño de mudar por fin a configuración.