17/10/2019

A orde dos recursos SI afecta o resultado

Nin o meu cerebro nin a plataforma da UNED somos espazos euclídeos. Non se cumplen as propiedades conmutativa nin asociativa.
Da nada absoluta hai una semana, nalgunhas materias agora aparecen máis de 40 recursos, que o sistema ordena por orde alfabética, sen ningunha pista sobre a xerarquía/preferencia en que os teño que ler/estudar/usar.
Agora xa sei ao que se refiren cando din que estudar na UNED require tempo. O que perdes poñendo en orde a desfeita.

08/10/2019

Acceso ao Campus UNED

Como alumna, unha vez identificada na web da UNED accedo á pantalla:


Se en lugar de pinchar en "Acceso a cursos virtuales" o fago en ACCESO AL CAMPUS, entro na pantalla que realmente me permite visualizar as materias nas que estou inscrita:



A lapela MIS ESTUDIOS dá acceso ás materias nas que estou matriculada:


Hai unha semana xusta que me matriculei (1 de outubro) ao recibir o correo que confirmaba a miña admisión. Ese mesmo correo me anunciaba o comezo do curso o día 3, pero tómano con calma. O día 3 de outubro só unha das 4 materias que curso subira contidos. O día 4 de outubro recibo correos dos centros asociados de Ferrol e Coruña coas actividades que ofertan a principiantes: xornadas de portas abertas, cursos de iniciación... Un dos que me tería interesado é do uso da biblioteca, pero tivo lugar o día 2 (por que o publicitan dous días despois?). Inscríbome noutro, específico sobre as TIC e o manexo da plataforma aLF coa que funciona a UNED. Vaise celebrar o día 7, pero ese mesmo día pola mañá recibo dúas mensaxes simultáneas, unha confirmando e outra anulando a miña inscrición. WTF??? Tentei chamar e escribir ao centro pero non houbo resposta e non me molestei en presentarme para perder o meu tempo, que a estas alturas do ano é precioso.

A profesora máis "madrugadora" é a responsable da materia "Alimentación, cultura y desarrollo". Recomendou a modo de introdución ao temario a visualización dunha conferencia sobre soberanía alimentar do Dr. Esquinas, quen traballou moitos anos para a FAO. Agora quedei coas ganas de estudar máis en detalle a IAASTD e comparar as conclusións de Rio 1992 (documento orixinal) e o texto Rio+20.


06/10/2019

Antropoloxía na UNED

Vai para dous anos que non blogueo aquí.
Dáme preguiza comprometerme coa escrita regular. Porén non me vai quedar outra nos vindeiros meses, xa que me deu por estudar o mestrado en "Investigación Antropológica y sus Aplicaciones" que imparte a UNED
Na carreira, os campos de saber nos que máis aprendín foron as materias de historia e filosofía. En antropoloxía tiven unha grande decepción, polas altas expectativas que tiña e o pouco que se cumpliron. Quedoume a espiniña de ampliar coñecementos. En xuño solicitei a admisión na UNED, porén por canto só collen cada ano para o Máster a 8 alumnos procedentes doutras carreiras non tiña moita esperanza. Non volvín saber nada da UNED ata o 1 de outubro, que me comunicaron a aceptación da miña solicitude. As clases comezarían o 3 de outubro, e matriculeime. Agradezo que na plataforma de matrícula desen instrucións moi precisas de como solicitar bolsas do Ministerio.
O 2 de outubro chegáronme mensaxes de benvida do Reitor e do Decano, e instrucións para activar o meu correo na plataforma virtual de alumna da UNED. O día 3, comezo das clases, só un dos profesores (das 4 materias das que curso este semestre) subira contidos. Os outros fixérono o día 4, en que tamén estaban activos diferentes foros de benvida e presentación nas "comunidades virtuais" do campus e da miña facultade. Tamén me chegaron correos coas actividades do Plan de Acollida no Centro da UNED na Coruña.
Agora, en pleno San Froilán, estou a trastear para averiguar onde está cada cousa.

Entro na UNED, autentifícome e esta é a primeira pantalla:

Pincho no acceso a CURSOS VIRTUALES e aparece isto:

Entro en ALF 2019/2020 e a seguinte pantalla é a do meu perfil de estudante:

Pincho na icona da siluetiña humana con signo de admiración que me indica que teño mensaxes que ler nos foros e entro na pantalla seguinte:

Na pantalla anterior tamén tería podido escoller COMUNIDAD DE ACOGIDA e entraría en:

Que na parte inferior da páxina (fóra desta captura de pantalla) dá opcións para entrar en cursiños de familiarización coa plataforma, a través de vídeos e cuestionarios. Aí estou por agora.