Lin na
prensa local que se inaugura hoxe en León unha exposición sobre as
misións pedagóxicas instauradas en 1931 para achegar a cultura aos mais desfavorecidos, especialmente nas zonas rurais. Quen sabe quen aprendería mais, os paisanos da montaña ou os intelectuais urbanitas que tanto ignoraban da realidade do seu propio país. Xa vos contarei o que me parezan os
contidos.
3 comentários:
Tomo nota. Gracias y besos cabareteros
A verdade é que eu non deixo de aprender cousas da aldea, sobre a aldea e grazas a adea, dunhas gosto máis e doutras menos pero todas me serven para o camiño.
E aínda lamento non ter prestado máis atención de nena, aínda que nunca é tarde, claro.
Os mellores tesouros nunca están onde se sospeita. Do mesmo xeito decote atopo mais sabeduría nas conversas cos que piden nas portas das igrexas que nos inflamados discursos dos cregos desde os púlpitos.
Enviar um comentário