Mostrar mensagens com a etiqueta web. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta web. Mostrar todas as mensagens
30/11/2014
Galicia para cruceiristas
No foro de maruxas americanas que sigo atopei o link destoutro, unha rede social onde comparten experiencias guiris de todo o mundo, con consellos para viaxaren en cruceiro. Picoume a curiosidade e andiven a procurar as opinións que intercambiaban a propósito de Galiza. Haiche xente ben espilidiña polo mundo, e non falo dos turistas, senón das empresas que ofertan excursións sen respaldo legal. Guías sen licenza que se publicitan finxíndose xubilados de California. E algún xornalista blogueiro. E algunha web que ten a Torre de Hércules como monumento menos valorado da Coruña, e unha lista de atractivos ben limitada para Compostela. E algún peregrino organizado ou organizada. Mundiños estes.
09/10/2014
Grand Illusion 2014 Mystery Quilt
Fabric choices
Simulation of quilt top by copy-pasting the pic above:
First 3 clues:
Haven't sewn any of the units together yet, just cut the aqua cornerstones to get an idea of the block looks with my fabric choices:
Simulation of quilt top by copy-pasting the pic above:
25/12/2013
Lume e santuarios
ANTES:
DESPOIS:
Estarrecida quedo polos comentarios na rede de quen é indiferente á destrución dun santuario.
Non é unha perda para Rouco ou a Conferencia Episcopal. Quen quedan orfos son os mariñeiros que o tiñan como referente, e que penduraran por toda a igrexa centos de maquetas dos seus barcos.
E que se o un obxecto de grande valor artística ten ademáis, significado relixioso? Ou é que hai que desprezar iconas como a Venus de Willendorf, Stonehenge, o Partenón, a catedral de Santiago, as Inmaculadas de Murillo, as misas de Bach, o Requiem de Mozart, a Capela Sixtina e tantos milleiros de creacións concibidas por devotos dun culto ou outro?

29/08/2013
Máis de libros e editoriais
Descubro uns artículos de Marcos Taracido sobre a crítica da crítica e a errónea política de edición dixital protexida por DRM.
20/02/2013
U-lo twiter en galego?
Sábese algo máis?
Edito: foi postear neste blog, e ás 6 h xa estaba dispoñible -en beta. Veño de mudar por fin a configuración.
Edito: foi postear neste blog, e ás 6 h xa estaba dispoñible -en beta. Veño de mudar por fin a configuración.
13/03/2011
Twittear, bloggear ou que?
Xa non sei onde actualizar. Demasiadas posibilidades de publicación.
Un caixón de xastre, un caixón desastre... A. sempre rosma pola miña falta de orde. Supoñamos que este é o espazo axeitado para almacenar desbarres. Debo ser unha das últimas persoas do estado en admirar a retranca do heroe mediático de ferrolterra, Alfonso-Alfonso Tellado, de quen as intervencións no programa de Buenafuente bateron récords no Youtube.
http://www.youtube.com/watch?v=U-RtwfkFLZA&feature=player_embedded#at=14
http://www.youtube.com/watch?v=qVsM1KKXbLo&feature=player_embedded#at=351
http://www.youtube.com/watch?v=Lg0265e8bvY&NR=1

07/05/2008
Desbarres blogueiros
A palla mental derivada é existencialista e relacionada coa miña visión de internet, da vida, como unha infinda rede de opcións que nos levan a pasar por uns avatares ou outros e a facer de nós o que somos. Como naqueles libros de aventuras múltiples a elexir.
18/04/2007
Adiantándome a ghanito
Coméntase moi en secreto que a Apocalipse do Porco vai inquerir sobre as preferencias dos blogueiros canto á roupa interior (que na aldea chamamos pudorosamente "roupa de baixo"). Sempre odiei as bragas de debuxiños e os pixamas con osiños. Se ningún home de honor levaría estas horteradas, por que infantilizar a imaxe das mulleres con braguiñas de piolín? Antes núa que con iso!
15/04/2007
blogoesmorga
Ao final xuntámonos uns vinte, vaia exitazo!
Un pracer coñecervos a todos, foi unha velada fantástica.
Un pracer coñecervos a todos, foi unha velada fantástica.
02/03/2007
Blogroll
Unha noite de invernía, unha sesión de navegación solitaria... Unhas illas fantásticas que fan que mereza a pena inaugurar un blogroll.
http://asuvasnasolaina.blogspot.com/
http://oportodosescravos.blogspot.com/
http://espello.blogspot.com/
http://miradascomafrechas.blogspot.com/
Edito para engadir dous modestísimos vencellos mais, o dos meus reintegrismos e o que anuncia a primaveira na Chaira!

Subscrever:
Mensagens (Atom)