ANTES:
DESPOIS:
Estarrecida quedo polos comentarios na rede de quen é indiferente á destrución dun santuario.
Non é unha perda para Rouco ou a Conferencia Episcopal. Quen quedan orfos son os mariñeiros que o tiñan como referente, e que penduraran por toda a igrexa centos de maquetas dos seus barcos.
E que se o un obxecto de grande valor artística ten ademáis, significado relixioso? Ou é que hai que desprezar iconas como a Venus de Willendorf, Stonehenge, o Partenón, a catedral de Santiago, as Inmaculadas de Murillo, as misas de Bach, o Requiem de Mozart, a Capela Sixtina e tantos milleiros de creacións concibidas por devotos dun culto ou outro?
1 comentário:
Boas.
A foto do interior do santuario está licenciada como Creative Commons BY-SA, o que significa que a imaxe pode ser usada de maneira totalmente libre, incluindo usos comerciais, a cambio de citar ao autor da foto. A foto orixinal está en https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Mux%C3%ADa_-_03_-_Igrexa_-_Interior.JPG . ¿Poderías engadir a autoría nalgún sitio?
Un saludo.
Enviar um comentário