08/10/2019

Acceso ao Campus UNED

Como alumna, unha vez identificada na web da UNED accedo á pantalla:


Se en lugar de pinchar en "Acceso a cursos virtuales" o fago en ACCESO AL CAMPUS, entro na pantalla que realmente me permite visualizar as materias nas que estou inscrita:



A lapela MIS ESTUDIOS dá acceso ás materias nas que estou matriculada:


Hai unha semana xusta que me matriculei (1 de outubro) ao recibir o correo que confirmaba a miña admisión. Ese mesmo correo me anunciaba o comezo do curso o día 3, pero tómano con calma. O día 3 de outubro só unha das 4 materias que curso subira contidos. O día 4 de outubro recibo correos dos centros asociados de Ferrol e Coruña coas actividades que ofertan a principiantes: xornadas de portas abertas, cursos de iniciación... Un dos que me tería interesado é do uso da biblioteca, pero tivo lugar o día 2 (por que o publicitan dous días despois?). Inscríbome noutro, específico sobre as TIC e o manexo da plataforma aLF coa que funciona a UNED. Vaise celebrar o día 7, pero ese mesmo día pola mañá recibo dúas mensaxes simultáneas, unha confirmando e outra anulando a miña inscrición. WTF??? Tentei chamar e escribir ao centro pero non houbo resposta e non me molestei en presentarme para perder o meu tempo, que a estas alturas do ano é precioso.

A profesora máis "madrugadora" é a responsable da materia "Alimentación, cultura y desarrollo". Recomendou a modo de introdución ao temario a visualización dunha conferencia sobre soberanía alimentar do Dr. Esquinas, quen traballou moitos anos para a FAO. Agora quedei coas ganas de estudar máis en detalle a IAASTD e comparar as conclusións de Rio 1992 (documento orixinal) e o texto Rio+20.


Sem comentários: