Li Bai é o clásico entre os clásicos da poesía chinesa, o epítome da gloriosa época da dinastía Tang. Velaquí tres versións do seu poema "Bebendo no luar":
Chantos na chaira
23/06/2024
14/05/2024
Intercambio de libros
Son bookcrosser desde 2006. Levo compartidos dende entón varios centos de libros, e teño previsión de liberar uns cantos máis o vindeiro venres 17 de maio, pola celebración das Letras Galegas.
Tamén quero agradecer ás miñas amizades bookcrossers os agasallos recibidos ultimamente polo Día do Libro.
17/10/2019
A orde dos recursos SI afecta o resultado
Nin o meu cerebro nin a plataforma da UNED somos espazos euclídeos. Non se cumplen as propiedades conmutativa nin asociativa.
Da nada absoluta hai una semana, nalgunhas materias agora aparecen máis de 40 recursos, que o sistema ordena por orde alfabética, sen ningunha pista sobre a xerarquía/preferencia en que os teño que ler/estudar/usar.
Agora xa sei ao que se refiren cando din que estudar na UNED require tempo. O que perdes poñendo en orde a desfeita.
Da nada absoluta hai una semana, nalgunhas materias agora aparecen máis de 40 recursos, que o sistema ordena por orde alfabética, sen ningunha pista sobre a xerarquía/preferencia en que os teño que ler/estudar/usar.
Agora xa sei ao que se refiren cando din que estudar na UNED require tempo. O que perdes poñendo en orde a desfeita.
08/10/2019
Acceso ao Campus UNED
Como alumna, unha vez identificada na web da UNED accedo á pantalla:
Se en lugar de pinchar en "Acceso a cursos virtuales" o fago en ACCESO AL CAMPUS, entro na pantalla que realmente me permite visualizar as materias nas que estou inscrita:
A lapela MIS ESTUDIOS dá acceso ás materias nas que estou matriculada:
Se en lugar de pinchar en "Acceso a cursos virtuales" o fago en ACCESO AL CAMPUS, entro na pantalla que realmente me permite visualizar as materias nas que estou inscrita:
A lapela MIS ESTUDIOS dá acceso ás materias nas que estou matriculada:
Hai unha semana xusta que me matriculei (1 de outubro) ao recibir o correo que confirmaba a miña admisión. Ese mesmo correo me anunciaba o comezo do curso o día 3, pero tómano con calma. O día 3 de outubro só unha das 4 materias que curso subira contidos. O día 4 de outubro recibo correos dos centros asociados de Ferrol e Coruña coas actividades que ofertan a principiantes: xornadas de portas abertas, cursos de iniciación... Un dos que me tería interesado é do uso da biblioteca, pero tivo lugar o día 2 (por que o publicitan dous días despois?). Inscríbome noutro, específico sobre as TIC e o manexo da plataforma aLF coa que funciona a UNED. Vaise celebrar o día 7, pero ese mesmo día pola mañá recibo dúas mensaxes simultáneas, unha confirmando e outra anulando a miña inscrición. WTF??? Tentei chamar e escribir ao centro pero non houbo resposta e non me molestei en presentarme para perder o meu tempo, que a estas alturas do ano é precioso.
A profesora máis "madrugadora" é a responsable da materia "Alimentación, cultura y desarrollo". Recomendou a modo de introdución ao temario a visualización dunha conferencia sobre soberanía alimentar do Dr. Esquinas, quen traballou moitos anos para a FAO. Agora quedei coas ganas de estudar máis en detalle a IAASTD e comparar as conclusións de Rio 1992 (documento orixinal) e o texto Rio+20.
06/10/2019
Antropoloxía na UNED
Vai para dous anos que non blogueo aquí.
Dáme preguiza comprometerme coa escrita regular. Porén non me vai quedar outra nos vindeiros meses, xa que me deu por estudar o mestrado en "Investigación Antropológica y sus Aplicaciones" que imparte a UNED.
Na carreira, os campos de saber nos que máis aprendín foron as materias de historia e filosofía. En antropoloxía tiven unha grande decepción, polas altas expectativas que tiña e o pouco que se cumpliron. Quedoume a espiniña de ampliar coñecementos. En xuño solicitei a admisión na UNED, porén por canto só collen cada ano para o Máster a 8 alumnos procedentes doutras carreiras non tiña moita esperanza. Non volvín saber nada da UNED ata o 1 de outubro, que me comunicaron a aceptación da miña solicitude. As clases comezarían o 3 de outubro, e matriculeime. Agradezo que na plataforma de matrícula desen instrucións moi precisas de como solicitar bolsas do Ministerio.
O 2 de outubro chegáronme mensaxes de benvida do Reitor e do Decano, e instrucións para activar o meu correo na plataforma virtual de alumna da UNED. O día 3, comezo das clases, só un dos profesores (das 4 materias das que curso este semestre) subira contidos. Os outros fixérono o día 4, en que tamén estaban activos diferentes foros de benvida e presentación nas "comunidades virtuais" do campus e da miña facultade. Tamén me chegaron correos coas actividades do Plan de Acollida no Centro da UNED na Coruña.
Agora, en pleno San Froilán, estou a trastear para averiguar onde está cada cousa.
Entro na UNED, autentifícome e esta é a primeira pantalla:
Pincho no acceso a CURSOS VIRTUALES e aparece isto:
Entro en ALF 2019/2020 e a seguinte pantalla é a do meu perfil de estudante:
Pincho na icona da siluetiña humana con signo de admiración que me indica que teño mensaxes que ler nos foros e entro na pantalla seguinte:
Na pantalla anterior tamén tería podido escoller COMUNIDAD DE ACOGIDA e entraría en:
Que na parte inferior da páxina (fóra desta captura de pantalla) dá opcións para entrar en cursiños de familiarización coa plataforma, a través de vídeos e cuestionarios. Aí estou por agora.
03/08/2017
Outros mundos
Coa nova temporada da serie de tv e o éxito dos videoxogos, Xogo de Tronos está de actualidade. Herdeiro directo dos escenarios fantásticos de Tolkien ou dos Reinos de Narnia, de quen ninguén se lembra do precursor Kipling, se cadra porque se interpreta negativamente a visión política do imperio no que viviu, o seu mundo real en extinción.
17/05/2017
Fachada Praterías
No extremo sur do transepto da catedral de Santiago atopamos esta portada románica cara a praza do mesmo nome. A iconografía que describe Aimery Picaud no Codex Calixtinus non correponde exactamente co aspecto actual, polas modificacións sufridas dende a costrución. Atribúese a obra ao mestre Estevo e dous artistas máis que terían colaborado tamén en San Isidoro de León.
- Datación: Antonio López Ferreiro transcribe Era MCXVI (1078) pero Gómex Moreno le Era MCXLI (1103) máis acorde coa construción do transepto.
- Timpano dereito: 1) Traición de Xudas; 2) Pilatos lavando as mans ou Xesús coa coroa de espiñas; 3) Flaxelación; 4) Camiño do Calvario; 5) Epifanía
- Tímpano esquerdo: 6) Cristo entre dous anxos que o bendín con incensarios; 7) As 3 tentacións do demo en forma de mono con ás; 8) A muller adúltera; 9) bustos de santos; 10) enfrentamentos de leóns (loita contra o pecado?)
- 11) cabezas de león
- Xambas: 12) Santo André; 13) Moisés; 14) Apóstolo sen identificar ou Aarón; 15) muller cun león procedente da portada do Paraíso, igual que as imaxes dos lateraises que representan 16) Rei David e 17) Sacrificio de Isaac
- Parte central: 18) Anagrama de Cristo (Alfa-Omega); 19) Agar escrava de Abraham ou Moisés?; 20) Abraham saíndo da tumba (parte da Transfiguracion) entre anxos trompeteiros
- Columnas (son 11 en total): na central 21) hai 12 personaxes con libros que poderían ser os profetas menores; por riba deles anxos e pombas; distribuidas de forma similar están as figuras dos Apóstolos nas outras dúas columnas de mármore 22) e 23). As outras 8 columnas son monolitos de granito, algunhas lisas e outras con ornamentos florais entre espirais.
- Friso superior: 24) Santiago entre cipreses; 25) Cristo; 26) Profetas procedentes do coro pétreo; 27) San Xoan; 28) Anxo sobre un animal e parella de figuras (Anunciación?); 29) grupo de apóstolos; 30) Outro grupo de apóstolos?; 31) Expulsión do Paraíso procedente da fachada Norte; 32) San Mateo; 33) Apóstolo; 34) Centauro do Zodíaco procedente da fachada Norte; 35) Santo André; 36) Virxe co neno; 37) grupo de apóstolos; 38) Serea=Piscis do Zodíaco; 39) Santos sen identificar
09/05/2017
09/03/2017
Sementar, sementarei...
Este debeu de ser un dos invernos máis mornos que lembro, e non choveu nin a décima parte do que o ano pasado. Con ilusión e desconfianza boto as primeiras sementes, para transplantar en Semana Santa. A ver se non caen xeadas tardías.
No tendedeiro (orientación norte) están as últimas cenoiras, ás que lles sementei de compañeiras diferenctes leitugas e achicorias. Ao fondo están Lathyrus odoratus e pirixel. Na dereita (con alfombriña para lles dar calor desde abaixo) herbas mediterráneas (lavanda, apio, cilantro), pementos itaianos e de Padrón, e cogombros.
No cuarto de costura (orientación sur) están as flores, que tamén agradecen a calor: Delphinium, Dianthus, Verbena. E outra maceta de pirixel.
No tendedeiro (orientación norte) están as últimas cenoiras, ás que lles sementei de compañeiras diferenctes leitugas e achicorias. Ao fondo están Lathyrus odoratus e pirixel. Na dereita (con alfombriña para lles dar calor desde abaixo) herbas mediterráneas (lavanda, apio, cilantro), pementos itaianos e de Padrón, e cogombros.
No cuarto de costura (orientación sur) están as flores, que tamén agradecen a calor: Delphinium, Dianthus, Verbena. E outra maceta de pirixel.
24/02/2017
2017 quilting finishes
Sampler started 2013 (these were amongst my first ever patchwork blocks):
En Provence 2016 Bonnie Hunter Mystery Quilt:
Grand Illusion 2014 Bonnie Hunter Mystery Quilt:
Subscrever:
Mensagens (Atom)