13/09/2013

Galiza Sur e feiras culturais

O Culturgal e maila Feira do Livro de Braga abren as súas portas o 29 de Novembro. Habemos aproveitar a viaxe para visitarmos (segundo o tempo meteorolóxico e cronolóxico o permitan):

RUTA 1: Póvoa de Varzim, Vila Nova de Famalicão, Vila do Conde
En Póvoa de Varzim (mapa): o Monte da Cividade nas costas da vila, a Fortaleza na beiramar, e no centro o Pelourinho manuelino, a Igreja Matriz, a Igreja das Dores e a Igreja-farol da Lapa. O  30 de Novembro é a romaría dos pescadores en Santo André en Aver-o-Mar. Celébrase todolos luns unha feira nas Moninhas. (Mirar a artesanía téxtil: liño, mantas de trapos...)

En Vila do Conde (mapa): enorme patrimonio monumental, destacando o convento e o acueducto de Santa Clara, a Igreja-Matriz manuelina e o Forte da Assunção. A Rota dos Mosteiros inclúe o da Junqueira e chega até a igrexa románica de Rio Mau, que xa visitamos da última vez.

En Vila Nova de Famalicão: Castros das Ermidas e das Eiras (coa Pedra Formosa), Mosteiro medieval de Landim, Igreja templaria de Santiago de Antas, casa de Camilo Castelo Branco, Museu da Industria Téxtil.


RUTA 2: Vila Real, Amarante, Lamego
En Vila Real (roteiro turístico en pdf ou estoutro): Igreja de São Domingos (Sé), Pelourinho, Casa do navegador Diogo Cão,  Solar de Mateus, Torre de Quintela en Vila Marim.





En Amarante e val do Tâmega (lista monumentos): Ponte e Mosteiro de São Gonçalo, Igreja São Domingos, a igrexas da Rota do Románico do Mosteiro de Travanca, de São Martinho de Mancelos, de Santo André de Telões, do Salvador do Freixo de Baixo, do Salvador de Lufrei, de Gondar.

En Lamego: a Sé, o Santuário de Nossa Senhora dos Remédios, o castelo, a Igreja románica de Santa María Maior de Almacave,

24/08/2013

Máis sobre libros e redes sociais

Non sei se piarían tarde, vista a hexemonía de Amazon e o poderío co que entrou Google no mercado dos libros dixitais. Casa del Libro está a ofrecer a posibilidade de autoeditarse con eles. É un xeito de aumentar rapidamente o catálogo e darse a coñecer. Con todo, os éxitos da autoedición están moi supeditados á actividade dos propios autores na súa promoción polas redes sociais. Curiosamente a listaxe non recolle as miñas fontes principais: Bookcrossing e Hislibris.

30/07/2013

Sexo gratis? Non todo é o que parece...

Un marketing de gusto... dubidoso. Cartaz visto en Santa Cruz.

Imaxe desde a rúa:

Primeiro plano:

09/03/2013

Pesos a peseta

Cando era estudante, non lonxe do campus había unha cabina de teléfonos algo especial. Cando a primeira moeda que introducías era un peso (5 pesetas das de antes, para os que naceron co euro), calquera outra moeda que meteses posteriormente quedaba rexistrada pero era devolta polo aparato. Poñamos por caso, insertabas primeiro un peso e despois cen pesetas, devolvíache a moeda de cen pero marcaba cento cinco.
As reas para chamar desde alí eran bastante impresionantes. As fins de semana usábamola sobre todo galegos e canarios, os que tiñamos peores comunicacións para volvermos coa familia por un par de días.
Sempre tiven curiosidade por saber por que a compañía non detectou a anomalía, tendo en conta que ao retirar a caixa dos cartos non debían deixar de notar que só tivese moedas de peso.
As conciencias dos usuarios quedaban confortadas co pensamento que, tendo en conta os moitos cartos que esas máquinas comían polo concepto de redondeo e non devolución das voltas, era de xustiza que por unha vez a tecnoloxía estivese ao noso favor.
Por iso eu son das poucas que non vou rir da credulidade dos canarios.


07/03/2013

A Xunta e Microsoft

A Xunta gastará en licenzas de Microsoft ata 1,9 millóns ao ano, o que non dí a nova é que habemos de ter que gastar os cidadáns en software propietario para acceder aos servizos da administración.


 

06/03/2013

Os camiños, patrimonio material e inmaterial

Carlos Nárdiz, nunhas xornadas do Consello da Cultura Galega en Compostela. El fixérame descubrir a conexión entre monumentos megalíticos e camiños. E é que existe toda unha rede de vías megalíticas que percorre o país. Cada civilización tivo un xeito de ocupar o territorio, e nesta época concreta transitábase polas penechairas. Entón canto camiñamos polas partes altas de Galicia atopamos dolmens e túmulos que están aí porque previo a eles existía un camiño que percorría o territorio.
Máis unha razón para poñer as botas e andar, como foi proposto noutra volta. E culturizarse.

Editado para engadir as rutas homologadas e do románico por #lamejorprovincia.