Cando era estudante, non lonxe do campus había unha cabina de teléfonos algo especial. Cando a primeira moeda que introducías era un peso (5 pesetas das de antes, para os que naceron co euro), calquera outra moeda que meteses posteriormente quedaba rexistrada pero era devolta polo aparato. Poñamos por caso, insertabas primeiro un peso e despois cen pesetas, devolvíache a moeda de cen pero marcaba cento cinco.
As reas para chamar desde alí eran bastante impresionantes. As fins de semana usábamola sobre todo galegos e canarios, os que tiñamos peores comunicacións para volvermos coa familia por un par de días.
Sempre tiven curiosidade por saber por que a compañía non detectou a anomalía, tendo en conta que ao retirar a caixa dos cartos non debían deixar de notar que só tivese moedas de peso.
As conciencias dos usuarios quedaban confortadas co pensamento que, tendo en conta os moitos cartos que esas máquinas comían polo concepto de redondeo e non devolución das voltas, era de xustiza que por unha vez a tecnoloxía estivese ao noso favor.
Por iso eu son das poucas que non vou rir da credulidade dos canarios.
Sem comentários:
Enviar um comentário