24/11/2011
Autoedición
Ándolles ás voltas co tema editorial. Disque aumenta a autoedición, con resultados varios. Xa hai tempo saíra un artigo con este propósito en 20minutos, no que mencionaban os portais de lulu e bubok. Onte saiu en El Progreso un artigo sobre meubook.
28/10/2011
Preparando o Lima
En Decembro seguiremos o Lima.
En Viana do Castelo hai mercado en venres. Supoño que faremos de Ponte do Lima a nosa base de operacións, malia que cheguemos tarde para o Festival de Jardins. Sempre nos quedará a paisaxe natural protexida.

Preparando a Garrotxa
Para a próxima primavera, toca a Garrotxa.
Que pracer camiñar por este espazo volcánico da Rede Natura 2000! O centro da comarca é a vila de Olot, pero téñolle especialmente ganas a Castellfullit de la Roca e á súa contorna.
Que pracer camiñar por este espazo volcánico da Rede Natura 2000! O centro da comarca é a vila de Olot, pero téñolle especialmente ganas a Castellfullit de la Roca e á súa contorna.
05/06/2011
Entre hortas e portas

Podería facer un cento de citas sabichonas para introducir este artigo. O caso é comentar a miña admiración e agradecemento pola obra primeiro cibernáutica e agora por fin impresa en papel de Xosé Manuel González, "Entre hortas e portas". Antonte foi presentada con grande éxito de público na Galería Sargadelos de Lugo.
María atesouraba no corazón a memoria do seu fillo (cita bíblica sabichona nº1). Hai xente con ese don, como a miña tía Fini. Con reminiscencias indelebles de xentes e feitos, que non tesauriza nin agocha baixo o colchón, senón que comparte e multiplica. No mundo fantástico de "Temblor", Rosa Montero imaxina un sistema baseado no culto do Cristal e na transmisión dos recordos dunha xeración a outra.
Xosé Manuel González achéganos unha "lembranza e efusión lucense". Atesoura, comparte, transmite o pulso vital dese grande e antigo organismo que é a cidade de Lugo, a través dos seus barrios e os seus habitantes.
17/05/2011
Lois
Atopeino primeiro nos seus poemas. Cando me refuxiei na veciñanza dos caladiños, na casa familiar de Xunto á Igrexa, Poesía última de amor e enfermidade debeu ser un dos primeiros libros que collín emprestados na biblioteca pública municipal.
11/04/2011
Alta cociña do alto imperio
Outra das miñas aficións de maruxa é a cociña: chámanme máis os escaparates de bazares e ferraxerías que os de roupa. O meu próximo "xoguete" vai ser unha máquina de pasta.Gústame experimentar cos sabores e as texturas. Non desboto xogar un pouco a mesturar as cazolas pola miña outra afición, a historia, por exemplo reproducindo receitas de hai 2000 anos.
Algúns dos ingredientes proceden da miña horta, que axiña hei complementar con novas plantiñas mercadas na rede.
15/03/2011
Labouras
14/03/2011
Lectores
50 libros lidos ao ano poden ou non constituír un reto; a estas alturas non me sorprende que haxa excépticos. Cando o vicio che ven da infancia é difícil de resistir. "Cuando haces pop no hay stop", sigo a pasar noites en vela cando a historia engancha. "Guerra e Paz" lino aos dez anos por desafío da bibliotecaria escolar, desbordada polas miñas demandas de máis e máis páxinas. De certo que son moi irregular: podo pasar semanas sen un libro e despois tirarme varios días de maratón lectora. Probablemente o meu principal límite sexa o económico: procuro mercar menos libros que os que leo; afortunadamente existen as bibliotecas e o bookcrossing. E o que máis me gusta dos lectores é compartir as nosas diferentes experiencias. Mesmo entre frikis da historia ou da mitoloxía.
As miñas lecturas.
13/03/2011
Twittear, bloggear ou que?
Xa non sei onde actualizar. Demasiadas posibilidades de publicación.
Un caixón de xastre, un caixón desastre... A. sempre rosma pola miña falta de orde. Supoñamos que este é o espazo axeitado para almacenar desbarres. Debo ser unha das últimas persoas do estado en admirar a retranca do heroe mediático de ferrolterra, Alfonso-Alfonso Tellado, de quen as intervencións no programa de Buenafuente bateron récords no Youtube.
http://www.youtube.com/watch?v=U-RtwfkFLZA&feature=player_embedded#at=14
http://www.youtube.com/watch?v=qVsM1KKXbLo&feature=player_embedded#at=351
http://www.youtube.com/watch?v=Lg0265e8bvY&NR=1

26/07/2010
Outra despedida
Adiós Chuza!, adiós fontes,
adiós Chíos e Fedello,
adiós foto do meu ollo,
non sei cando nos veremos!
(Para a porra de Orsinia, o último en postear no fedello foi Ghanito),
Subscrever:
Mensagens (Atom)