Dende alí iremos á Póvoa de Varzim, mesmo cun pequeno desvío cara as igrexas románicas de Rio Mau e Rates co seu ecomuseo. Teremos que parar nalgunha libraría, xa que non imos chegar a tempo para as Correntes d'Escritas. Para outro ano ficará a Rota do Románico pola Vale do Sousa.
17/10/2012
Barcelos e Póvoa de Varzim
Dende alí iremos á Póvoa de Varzim, mesmo cun pequeno desvío cara as igrexas románicas de Rio Mau e Rates co seu ecomuseo. Teremos que parar nalgunha libraría, xa que non imos chegar a tempo para as Correntes d'Escritas. Para outro ano ficará a Rota do Románico pola Vale do Sousa.
01/10/2012
Local de intercambio de libros en Madrid
Vía Bookcrossing, descubro que hai en Madrid unha xente que abriu un local para o intercambio gratuito de libros. Ten moito mellor pinta que o de Marineda.
14/09/2012
Críticas literarias ao peso
A autoedición da que falaba nalgunha postaxe anterior funciona se consegues que alguén lea o teu libro (cumpla ou non cos 75 tópicos básicos). Cada vez hai máis técnicas de promoción accesibles ao escritor novel, non sempre éticas, para vender, finxir que vendes, e ser famoso.
Edito para incluir máis un artigo ao respecto. E mais estoutro que me fixo chegar un amigo.
Edito de novo para engadir, por oposición, o que me gustaría atopar nunha crítica: premio "Hatchet of the year" á retranca con máis estilo.

07/08/2012
25/07/2012
Sendeirismo virtual
Ando a navegar na procura de materiais. Pode que retome a idea de publicar as rutas favoritas do meu pai. En Galicia, deseñábaas el; para outras zonas guiábase pola revista Aire Libre. Coas novas tecnoloxías, pregúntome como funcionará o proxecto wikiloc. Veño de descargar o Viewranger no móbil, a ver se me sei manexar con estas trangalladas de apps para smartphones.
No Mandeo, en particular desde Chelo, saen as rutas SM10, SM11, SM 12. Ou polo Eume. Polo Sor tamén as hai doadiñas.
Señalización. M.I.D.E.
Señalización. M.I.D.E.
27/06/2012
Galiza non se vende... e o seu ouro?
Non hai rúa (céntrica ou non) que se salve... hainos mesmo grapados nas árbores dos recantos máis remotos. Mércase ouro.
E o que non se dea mercado, pénsano extraer a ceo aberto, poluindo con mercurio e cianuro bisbarras enteiras. En Extremadura, Salave (Asturies) ou Corcoesto (Bergantiños). As multinacionais non paran de procurar o máximo rédito a toda costa.
En Portugal as minas auríferas seguen a dar beneficio, pero como recurso turístico.

17/06/2012
Partenia
Crucificado polo Vaticano, defende os dereitos dos homosexuais, o matrimonio dos curas... para librarse del fixérono bispo dunha diócese sen parroquianos, dunha sé que non existe dende hai 1500 anos... non contaban coas posibilidades que dá a tecnoloxía para difundir as súas mensaxes. Chámano o "bispo roxo".
10/06/2012
03/06/2012
O fidalgo
Apeteceunos ir ao teatro: descubrín un espazo novo, pequeniño pero moi convenientemenente próximo, a sala Gurugú. Onte concluían as actividades do ano cunha montaxe de Casa Hamlet chamada O Fidalgo. Foi un soberbio exercicio de comunicación, combinando impecablemente a expresión corporal coa verbal (baseada en textos de Otero Pedrayo). Este autor non é doado de ler pero as súas palabras cobraban vida no corpo de Manuel Lourenzo e os seus compañeiros (Brandán Lourenzo e Rubén Espejo).
Subscrever:
Mensagens (Atom)