27/05/2010

Marcos, volta sempre!


Non é posible despedirse dalgo que forma parte de ti, que foi libado, absorbido e asimilado. Marcos e a súa solaina seguirán a dar colleitas saborosas e abundantes ao longo de moitos anos, a través do saber e do saber estar que nos trasmitiu aos que guichamos entre a parra, pispando algún grolo coa anuencia do adegueiro. Mil vendimas máis para a cultura galega.
http://asuvasnasolaina.blogspot.com/2010/05/un-lostrego-por-marcos-valcarcel.html

23/03/2010

Facebook non, para que?

Por moito que me spameen "amigos", resístome a ter un perfil en Facebook. Unha escravitude social máis: saír certos días, a certos locais, cun estilo de música determinado e consumicións recoñecidas. Non me gusta trasnoitar, as conversas afogadas en whisky de garrafón contra chunga-chunga a 100 decibelios son tempo perdido. Relacionarse, si: pero eu decido como, cando e con quen.
A rivalidade polo máximo número de amigos declarados en Facebook lémbrame a ansiedade dos meus veciños do rural por ter un enterro multitudinario, como indicador do prestixio persoal acadado. Hai certa perversión en procurar xente do pasado da que se perdeu o contacto: na vida, como na memoria, temos que filtrar e facer limpeza.
Algún día hei desenvolver este tema algo máis. Polo de hoxe, vai como vai. Partiu!

14/01/2010

E algúns din que a poesía non é eterna...

SALA X

Había unha protesta de estudiantes de Humanidades,
discriminados nos novos plans educativos.
O porteiro coxo da Sala X do meu barrio
tamén se laiaba da escasa clientela ante os reclamos
pornográficos.
Isto, amigo, é o declive dos xéneros clásicos.


Manuel RIVAS: "Ningún cisne", 1989

12/01/2010

A vergoña de Richelieu



Despregamos o mapa turístico para deseñar o itinerario de mañá. Un debuxiño atrae a mirada de N. "A catedral de Luçon é gótica?" As súas veas de canteiro latexan aceleradamente. A anfitrioa fica pampa, sen saber responder. "Averiguarémolo."

A primeira hora (máis ben a segunda, porque P. tivo que volver á casa polo abrigo que deixara pendurado na súa funda) saímos pola costa na procura da miña teima, os pantaláns de pesca que lembraba da miña infancia. Non demos con eles senón cos produtores de ostra traballando a tope para encher as últimas bourriches con destino ás enchentes de Noiteboa. A paisaxe atlántica francesa é chá, chá, como só o poden ser os territorios submerxidos moitos milenios. As aldeas distínguense a kilómetros polas frechas dos seus campanarios. O da catedral de Luçon é especialmente alto.

"Parece gótico" afirma N. Concordo con reservas. O lateral da igrexa é románico, a fachada barroca. O campanario, decididamente, ten que ser posterior. "Neogótico!" A N. tanto lle ten. Xa está a fotografar como un xaponés ansioso todos os detalles, mentres os demais entramos. Vidreiras de todas as épocas nas ventás góticas orixinais, altar barroco como o púlpito desprazado onde predicou Richelieu, daquela apenas bispo. "Tamén hai claustro!" Creo que foi A. a primeira en ir cara alí. Ao chegarmos canda ela ficamos estarrecidos. As devotas armaron un belén a tamaño natural: baixo as oxivas, vestidos de cores rechamantes están a nos sorrir un grupo de manequíns oitenteiros.

25/11/2009

Mito y realidad

Recientes investigaciones han puesto en claro las estructuras míticas de las imágenes y los comportamientos impuestos a las colectividades por la vía de los mass-media. (...)
Se ha insistido menos en lo que llamarían los mitos de la élite, especialmente los que cristalizan en torno a la creación artística y su repercusión cultural y social. Precisemos de antemano que estos mitos han logrado imponerse fuera de los círcuos cerrados de los iniciados merced sobre todo al complejo de inferioridad del público y de los procedimientos artísticos oficiales. La incomprensión agresiva del público, de los críticos y de las representaciones oficiales del arte hacia un Rimbaud o un Van Gogh, las consecuencias desastrosas que tuvo, sobre todo para los coleccionistas y los museos, la indiferencia hacia los movimientos innovadores, han constituido duras lecciones tanto para los críticos y el público como para los comerciantes de cuadros, las administraciones de los museos y los coleccionistas. Hoy, su único miedo es no ser lo suficientemente avanzados, el no adivinar a tiempo el genio de una obra a primera vista ininteligible. Jamás quizá en la historia de un artista ha sido tan cierto como hoy que cuanto más audaz, iconoclasta, absurdo e inaccesible sea, tanto más se reconocerá su valía, se le mimará, se le idolatrará. (...) Tan sólo importa una cosa: no correr el riesgo de tener que confesar un día que no se ha comprendido la importancoa de una nueva experiencia artística.
Acerca de esta mitología de las élites modernas, nos limitaremos a dos observaciones. Señalemos primero la función redentora de la "dificultad", tal como se encuentra especialmente en las obras de arte moderno. Si la élite se apasiona por Finnegan's Wake, por la música atonal o por la chafarrinada pictórica, es también porque tales obras representan mundos cerrados, universos herméticos donde no se penetra más que al precio de enormes dificultades arcaicas y tradicionales. Se tiene, por una parte, la sensación de una "iniciación", casi desaparecida del mundo moderno; por otra, se hace gala ante los ojos de los "otros", de la "masa", de pertenecer a una minoría secreta; no ya a una "aristocracia" (las élites modernas se inclinan hacia la izquierda), sino a una gnosis, que tiene el mérito de ser a la vez espiritual y secular, y se opone tanto a los valores oficiales como a las Iglesias tradicionales. Mediante el culto de la originalidad extravagante, de la dificultad, de la incomprensibilidad, las élites señalan su despeo del universo banal de sus padres, rebelándose contra ciertas filosofías contemporáneas de la desesperación.

Mircea ELIADE, "Mito y realidad"

11/11/2009

Arte contemporánea

Non se quere entender a cultura. Nunha economía liberal onde o individuo está cada vez máis só, ten sentido falar de cultura? É cultura a Cidade da ídem? É cultura un ciclo de poesía en vivo? Son cultura as instalacións vangardistas, ou un timo? Nas redes sociais galegas e no blogomillo en particular, hai máis dun khmer vermello que non distingue snobs, culturetas, establishment... e verdadeiros artistas. Onde está a liña?
Haberá que volver ás orixes das nosas primeiras aulas de lingua e reflexionar sobre a comunicación, canle, código, emisor, receptor, e todos eses conceptos enferruxados e esquecidos. Unha obra de arte, teña a forma que teña, é unha mensaxe. É unha composición que un autor constrúe para provocar no seu público unha reacción. Para que corra un mínimo entendemento entre uns e outros hai que recorrer a elementos que poidan ter un significado común. Unha rea de prumas de pita pode dicir moito. Tanto como un cadro festivo de Brueghel. Sobre todo se quedou o poleiro aberto e o raposo anda perto.

06/11/2009

Este vaise i aquel vaise...

... e todos, todos se van.

Uns políticos por outros, e a casa por barrer.

Os satélites de Feijoo _pijos urbanos de medio pelo, chámaos Pereiro_ lo único que pretenden es dar un buen servicio a los poderes de siempre y causar buena impresión fuera. Así que cuando hay que tomar decisiones de calado estratégico, como sobre las cajas, primero se intenta allanar el camino a lo que mandan de Madrid y cuando se advierte el abismo que eso supondría, no se estudia lo que habría que hacer, sino cómo quedar menos mal, a costa de los más débiles y con el menor coste general posible.

O caso é que uns queren un postiño en Madrid e farán o que sexa. Como se hai que vender ou regalar empresas lácteas, concesións eólicas, piscifactorías. E agora andan a voltas coas fusións das caixas. En Catalunya e Valencia os poderes públicos están a actuar. En Galicia a opinión pública está pola grande fusión galega. Os poderes públicos e privados, non: prefiren alianzas suprarrexionais que poñan o control das caixas en mans dos partidos estatais desde Madrid.

24/09/2009

Culturgal, onde vas?


Outra desfeita. Non haberá Culturgal 09 na Coruña. A AGE proponse organizar de forma autónoma o do 2010. Brétemas fala de, cando menos, un par de días de campaña intensa na época consumista pre-nadal. Feijoo quere levalo para a Cidade da Cultura.

Para unha vez que se conseguira visibilizar o que se fai na Galiza, en galego...

12/06/2009

Música galega, pechada por reformas

Non son unha experta. O que sei aprendino do programa Aberto por Reformas de Xurxo Souto, que coas eivas que puidese ter era o referente do que se fai na actualidade pola música no país.
O posto de Xurxo como director de programación da Radio Galega era de designación e era previsíbel o seu fusilamento polas autoridades Ppeiras. O que me parece unha falta de respeto, para os traballadores da radio e para a audiencia, é que conserven o nome para un espazo que non ten nada que ver: música estranxeira para nostálxicos dos 70-80. Podo imaxinar o perfil dos que gostan: home cincuentón, soldo medio-alto, divorciado e sen aficións extremas. Tipo gris e satisfeito de si mesmo.

http://chuza.org/historia/os-grupos-galegos-comezan-a-organizarse/
http://chuza.org/historia/aberto-o-foro-de-www-komunikando-net-a-musica-galega-reaxe/
http://chuza.org/historia/artabria-com-xurxo-souto-e-com-os-grupos-galegos-contra-alberto-por-reformas/
http://chuza.org/historia/manifesto-pola-defensa-da-rtvg-2/
http://chuza.org/historia/xa-se-pode-asinar-o-manifesto-contra-a-censura-e-a-marxinacion-da-musica-galega/
http://chuza.org/historia/asembleia-aberta-na-sala-nasa-pola-musica-galega/
http://chuza.org/historia/o-rosto-do-traidor/
http://chuza.org/historia/son-moitos-os-apoios-ao-manifesto-contra-a-censura-e-marxinacion-da-musica-galega-2/
http://chuza.org/historia/foros-da-crtvg-arrecian-as-protestas-na-rede-contra-a-supresion-da-musica-galega/

02/06/2009

Reglas e trampas

O Sin-Chan é un rapaz de 5 anos que se imita moito ao seu homónimo, un debuxo animado xaponés. Espelido e retranqueiro. Foi até pouco fillo único, e grande afeizoado á Play, á Game e á Wii.
Cando vén de visita gosta de xogar ao xadrez. Ao seu xeito, claro. Escolle unha cor, determina os movementos das figuras segundo o seu interese, de manera que el decote me coma fichas pero eu nunca lle poida atacar as del. Invariábel e inevitabelmente, gaña el. Sempre.
No Estado Español asentáronse no poder en alternancia dous partidos que se din antagónicos pero que no fondo defenden o mesmo sistema político e económico. Pactan normas de xogo que obrigan a todos menos a eles. Disque acordaron que nunca se habían empregar as pensións, o paro e o terrorismo como arma para a captación de votos. Tamén só poderían xogar os que rexeitasen a violencia. A violencia significa cualquer forma de opinión que non sexa a deles.
Nesta altura están a lle pedir aos nosos gandeiros, aos nosos prexubilados de estaleiros e aos parados da construción que confíen neles para resolver en Europa os nosos problemas. E aínda hai quen soña coa posibilidade de gañarmos algo no xogo.