14/09/2012

Críticas literarias ao peso

A autoedición da que falaba nalgunha postaxe anterior funciona se consegues que alguén lea o teu libro (cumpla ou non cos 75 tópicos básicos). Cada vez hai máis técnicas de promoción accesibles ao escritor novel, non sempre éticas, para vender, finxir que vendes, e ser famoso.
Edito para incluir máis un artigo ao respecto. E mais estoutro que me fixo chegar un amigo.
Edito de novo para engadir, por oposición, o que me gustaría atopar nunha crítica: premio "Hatchet of the year" á retranca con máis estilo.

07/08/2012

Máis maruxadas

Recordatorios das trangalladas da máquina de coser: blogada sobre usos dos diferentes prensatelas.

25/07/2012

Sendeirismo virtual

Ando a navegar na procura de materiais. Pode que retome a idea de publicar as rutas favoritas do meu pai. En Galicia, deseñábaas el; para outras zonas guiábase pola revista Aire Libre. Coas novas tecnoloxías, pregúntome como funcionará o proxecto wikiloc. Veño de descargar o Viewranger no móbil, a ver se me sei manexar con estas trangalladas de apps para smartphones.

No Mandeo, en particular desde Chelo, saen as rutas SM10, SM11, SM 12. Ou polo Eume. Polo Sor tamén as hai doadiñas.
Señalización. M.I.D.E.

27/06/2012

Galiza non se vende... e o seu ouro?

Non hai rúa (céntrica ou non) que se salve... hainos mesmo grapados nas árbores dos recantos máis remotos. Mércase ouro.
E o que non se dea mercado, pénsano extraer a ceo aberto, poluindo con mercurio e cianuro bisbarras enteiras. En Extremadura, Salave (Asturies) ou Corcoesto (Bergantiños). As multinacionais non paran de procurar o máximo rédito a toda costa.
En Portugal as minas auríferas seguen a dar beneficio, pero como recurso turístico.

17/06/2012

Partenia


Esta lectura filosófica de hoxe tróuxome saudades das discusións teolóxicas co meu pai. Nunha delas participara un tipo excepcional que xantaba aquel día na casa, e dei en procuralo pola rede.

Crucificado polo Vaticano, defende os dereitos dos homosexuais, o matrimonio dos curas... para librarse del fixérono bispo dunha diócese sen parroquianos, dunha sé que non existe dende hai 1500 anos... non contaban coas posibilidades que dá a tecnoloxía para difundir as súas mensaxes. Chámano o "bispo roxo".

10/06/2012

Non ás fumigacións

Substitúo a miña presenza física pola miña adhesión electrónica:

03/06/2012

O fidalgo

Apeteceunos ir ao teatro: descubrín un espazo novo, pequeniño pero moi convenientemenente próximo, a sala Gurugú. Onte concluían as actividades do ano cunha montaxe de Casa Hamlet chamada O Fidalgo. Foi un soberbio exercicio de comunicación, combinando impecablemente a expresión corporal coa verbal (baseada en textos de Otero Pedrayo). Este autor non é doado de ler pero as súas palabras cobraban vida no corpo de Manuel Lourenzo e os seus compañeiros (Brandán Lourenzo e Rubén Espejo).

19/05/2012

Próxima posible viaxe

Novo neoloxismo: turismo palatal (combinación de gastronomía e isoglosas). A ver se nalgunha das vindeiras fins de semana damos ido a Cabrales. Gustounos unha reportaxe que vimos sobre a aldea de Tielve, produtores e produtos.
Ando a buscar unha casa rural ou hostaliño onde poidamos convivir con indíxenas. Esta debe ser ben enxebre, con eses cobertores que semellan saídos do catálogo de Reig Martì. E non hai desculpas para non pasear pola natureza.

12/05/2012

Primavera vexetal (2)

Despois dun mes de chuvia, ao subiren as temperaturas a hortiña está a espertar. Florean a clemátide e mailo marmeleiro (cerdeiras, pexegueiros, pereiras e maciñeiras perderon xa a flor). Hai leitugas para apañar e outras para transplantar. Naceron os chícharos, pero aínda teño que protexer as tomateiras con botellas recicladas pola frescura das noites. No mini-invernadoiro agardan as pementeiras, as berenxenas e as cucurbitáceas (cabazas, cabaciñas e cogombros), máis friorentas. Onte sementei as xudías, xa que me informou unha veciña de que era a lúa que máis lles acaía (minguante).
Atopei por fin sementes de lavanda e de cilantro, que vou botar no invernadoiro que teño no despacho da universidade.