04/03/2008

Flor de Pexego


Flor de pexego, alma delicada.
Chegaron as cigoñas.

Cambio climático.

Vai nevar.

19/02/2008

Galiza non se vende

Xa están aíiiii...


Quen vai ser? As eleccións estatais. Teoricamente aínda non comezou a campaña pero cada vez se publican máis enquisas e quinielas de resultados. Detéctase certa expectación no ár por se "os nosos" aumentarán máis ou menos que "os outros", por se gañarán "os maos" ou os "menos maos".
Pero... realmente o resultado dos comicios vai mudar algo da nosa realidade social? Seremos máis libres, máis felices, máis seguros, mellor servidos, con uns que con outros? De certo que...

10/01/2008

Propiedade responsábel


Sobre a propiedade absoluta é un interesante artigo sobre a filosofía do "todo vale" nesta terriña nosa, e en particular no caso das comunidades de montes.
Fíxome reflexionar sobre a responsabilidade que temos para coas cousas que en teoría posuímos, tanto animadas como inanimadas, sobre a nosa conciencia e preocupación acerca do seu benestar e mantemento. O que fagamos delas pode ser legal e non ser lexítimo. Na miña terra viviron moitas xeracións humanas e animais, é o meu dereito disfrutala e o meu deber conservala para os que veñan despois. Valados, sebes e cancelas non son quen de deter o tempo.

04/01/2008

Blogoliteratura

A popularmente aprezada literatura de cordel (Obras populares, como romances, novelas cortas, comedias, vidas de santos, etc., que se imprimían en pliegos sueltos y para venderlos se solían colgar de unos bramantes puestos horizontalmente en los portales, tiendas y mercados. RAE) rematou deostada e denigrada (L. de cordel: literatura de baixa qualidade. Priberam), ou directamente eliminada pola censura política e relixiosa (agás no Brasil).
E se hoxe o cordel é internet?
Hai moitas formas de literatura popular. Na Galiza tamén se desenvolven as súas variantes virtuais, incentivadas pola competición ou pola publicidade.

02/01/2008

Ser, ter, facer


Ano novo e a vida de sempre. Unha data para facer balance. Do que son, do que teño, do que fago.
Si, son eu: errática, aventureira, acollendo os avatares da vida cun sorriso ou unha gargallada, respeitando as circunstancias. Lembrando de cando en cando cun brillo na mirada os que se foron e os que se irán sen se despediren. Por que non serei máis míope? Maldita intuición, aí estás!

14/12/2007

Materia(i)s en galego

Non é só no ensino obrigatorio e bacharelato. Tamén na Universidade a vontade de traballar na nosa língua se ve limitada polo pretexto de que non existen materiais en galego. O que non hai son ganas de os procurar onde están, ou de confrontar o traballo alleo coa nugalla propia. Só poño un exemplo.

11/12/2007

Homenaxe ás Uvas

En particular, e por referencias, ao cronista X.M. González, estatuaria lucense:
(Edito para poñerlles título:)
1.- Aguilucho/Pombo/Monumento Bimilenario na Praza Santo Domingo
2.- Busto de Xoan Montes nos xardíns de San Roque
3.- Homenaxe a Luis Pimentel na Praza Maior
4.- Estatua de Ánxel Fole detrás do Concello
5.- Ulmeiro recordatorio dos desaparecidos "negrillos" da Praza Maior
6.- Homenaxe aos Pelachos (familia de ficción de El Progreso) na Praza da Constitución
7.- Monumento á República na Praza da Soedade
8.- Monumento á UNICEF na Praza de Ferrol
9.- ? na Praza Santo Domingo
10.- Relevos de escritores na Praza Maior




10/12/2007

Luces de bohemia e capital(ismo)

Desde a miña neo-ruralidade escapei un pouco do candente debate político sobre a iluminación de Nadal nas nosas vilas. Cando o importante é forzar o gasto -individual, familiar e colectivo- os militantes do ben-estar? convidan a adiantar o día e a hora de aumentar a contaminación lumínica, coa idea de alentar as arelas consumistas dos seus veciños. O meu consolo é que cando unha nova estrela divina anuncie a chegada do seu ansiado mesías redentor, estarán demasiado deslumbrados polas bombillas de cores para lle seguir o rastro.
Para min os astros todos do firmamento.

03/12/2007

Bookcrossing

Con ese nome tan foráneo falamos dun intercambio universal de libros. Libros libres, sen dono permanente, que andan a viaxar polo mundo á procura de novos lectores. Recoñécense polo autocolante no que aparece o enderezo da web (www.bookcrossing.com) e o número de rexistro de cada libro, para poder ir seguindo o seu periplo.
Estes días andamos ceibando por Lugo varias ducias de exemplares. Algúns van asinados polos seus propios autores. Se atopas algún, trátao ben, entra na web para decir onde o atopaches e, cando o remates, vólveo deixar en calquer espazo onde o seu próximo lector o poida atopar.
Boa caza!