O pensamento filosófico que mais debeu influir na creación da miña personalidade coido que foi o dun profesor de lingua española en primaria e outro de álxebra na carreira. Aprendéronme a cuestionarme todo o que percebo e tentar detectar diferentes níveis de realidade.
Festas de San Froilán. Un pregón insulso e sen discordancias. Palcos, barracas, feirantes, top-manteiros, adolescentes á procura da súa primeira borracheira, consumismo, consumismo, consumismo. Cántos dos vendedores ambulantes -principalmente africanos- cearán algo quente esta noite e non, mais unha vez, un resto de churros defectuosos? Cántos durmirán ó abeiro dun coche, unha lona, pregando porque non chova?
Con todo, aldeana inxénua, déixome fascinar polos artefactos pirotécnicos desde o meu posto habitual cabo da fonte dos leóns.