Este debeu de ser un dos invernos máis mornos que lembro, e non choveu nin a décima parte do que o ano pasado. Con ilusión e desconfianza boto as primeiras sementes, para transplantar en Semana Santa. A ver se non caen xeadas tardías.
No tendedeiro (orientación norte) están as últimas cenoiras, ás que lles sementei de compañeiras diferenctes leitugas e achicorias. Ao fondo están Lathyrus odoratus e pirixel. Na dereita (con alfombriña para lles dar calor desde abaixo) herbas mediterráneas (lavanda, apio, cilantro), pementos itaianos e de Padrón, e cogombros.
No cuarto de costura (orientación sur) están as flores, que tamén agradecen a calor: Delphinium, Dianthus, Verbena. E outra maceta de pirixel.