03/06/2016

e-books en galego?

Case tres anos e medio despois, o proxecto Gutenberg segue ofrecendo só o Catecismo do labrego. Tampouco é que nos outros portais de descargas gratuitas legais de libros abunde a nosa lingua. O Instituto Cervantes ofrece 152 produtos no seu catálogo de Letras Galegas. Nun deles saen reseñadas as que eran en 2008 as principais Bibliotecas Virtuais Galegas. Galaxia e Xerais, como non, columpiándose nos prezos das edicións dixitais.

Edito para engadir un estupendo artículo sobre a dixitalización das librarías. E mais algúns outros links para descargas (gratis ou de pagamento)
http://maos.gal/sitios-onde-descargar-gratis-libros-en-galego-e-portugues/
http://galegobook.blogspot.com.es/
http://www.quedelibros.com/idioma/gallego-1.html
https://www.bubok.es/tienda-libros-bubok/libros-idiomas/gallego
http://iem.gal/component/content/article/42-destacados/1144-libros-dixitais-do-iem-desenvolvendo-o-nobelo-abre-unha-nova-iniciativa-editorial-

Chama a atención que o proxecto Bivir da Asociación de Tradutores Galegos, de editar e distribuir gratuitamente grandes clásicos libres de dereitos, verquidos ao galego, non teña máis visibilidade. Nos e-books galegos de Amazon non vexo que exista opción de filtrar por editora (tiven que facelo por prezo ascendente).

As bibliotecas da Xunta de Galicia e provincial da Coruña tamén teñen préstamo de libros dixitais,

Sem comentários: