27/02/2013

Escribir para lectores

Desde estas obras chego a esta reflexión e póñome a pensar en reler estoutra. Sen esquecer a teoría de Eco que xa comentei nalgures...

1 comentário:

ms disse...

1. Historicamente, pódese comprobar que certos best-sellers (mesmo certas novelas escritas por entregas) son boas obras desde o punto de vista literario. Estou pensando nas novelas de Wilkie Collins, Arthur Conan Doyle, Charles Dickens, Balzac, Alexandre Dumas...

2. O caso de Stieg Larsson, o autor da saga "Millenium", podería ser un modelo a seguir. Se queres que te lean fóra das fronteiras do teu pequeno país e/ou estado, o mellor é escribir un bestseller.

3- Estamos cansadiños de novelistas galegos que non escriben para o lector, que tropezan co galego (a lingua como barreira), que descoñecen a diferencia entre "showing" e "telling" ("show, don't tell", que dicía Henry James), que non saben contar unha historia entretida que enganche ao lector, ou que non son capaces de crear personaxes inolvidables.