Chamámoslle democracia porque parece mais progre. Pero non é tal, uns son mais iguais, mais libres, mais fraternais ca outros. Ten que haber novas como ista para nolo lembrar:
Agora que se
condena a El Jueves por lesa-maxestade, voume prantexar denunciar ante o mesmo tribunal ao Ministerio do Interior que fai burla do pobo soberano. Nun estado de dereito dotado de altas tecnoloxías, como poden xustificar que haxa que facer colas de varias horas para solicitar unha simples cita para obter unha acreditación de identidade (vulgo DNI)? E nós ainda temos categoría de votantes, qué farán cos que nen ese interese teñen!