30/10/2008

Dime de que te gabas...

... e contareiche de que careces.
Como lectora unha das cousas que me marabilla de internet é a posibilidade de falar de tu a tu cos autores e outros lectores dos libros que me chaman a atención. Ese é, en principio, a idea de blogs como este ou estoutro, coa diferencia de que o autor do primeiro ten un pronto visceral que o cega ante calquera opinión que lle pareza minimamente pexorativa, e o segundo acepta con demasiada humildade críticas que semellan obra dun alumno de galescola.

3 comentários:

oko disse...

quítanse as ganas de ler a caneiro

friend disse...

Recibiu unha invitación por e mail, Lourixe?

Comisión Organizadora disse...

Ourense, 5 de novembro de 2008

Prezado/a amigo/a:

Unha comisión organizadora radicada en Ourense estamos a preparar unha serie de actos en HOMENAXE ao noso común amigo MARCOS VALCÁRCEL. A desculpa próxima é a publicación dun novo libro da súa autoría sobre a historia de Ourense –que se presentará o día 29 de novembro ás sete da tarde no Liceo– e outra a necesidade de buscar formas para expresar a gratitude e cariño que moita xente quere comunicar a Marcos, nestes momentos complicados para a súa saúde.

Non é este o lugar para glosar detidamente o gran contributo de Marcos Valcárcel á cultura galega. Chega tan só con lembrar algunhas das súas facetas: os seus traballos de investigación e divulgación sobre a historia de Galicia e en especial nos eidos cultural e xornalístico, a súa constante presenza na prensa galega dende hai trinta anos (hoxe en día en Galicia Hoxe, La Región, A Nosa Terra), o seu desinteresado labor de organizador e dinamizador cultural na cidade de Ourense, ou o seu blog As Uvas na Solaina . E todo sempre desde posicións galeguistas, progresistas e dialogantes.

En consecuencia, gustarianos contar coa túa presenza e colaboración no seguinte acto:

CEA HOMENAXE a MARCOS VALCÁRCEL .
Ourense, SÁBADO, 29 de NOVEMBRO de 2008 , ás 21:00 horas, Restaurante San Miguel.

RETIRADA DE TARXETAS:
As tarxetas para a asitencia á Cea poderanse retirar en Ourense, desde o venres día 7 de novembro, en tres lugares: No Liceo, na Casa da Xuventude e no Restaurante Sanmiguel. O custo da cea é de 30 euros.
Para aquelas persoas de fóra de Ourense que queiran asistir, habilitamos unha conta de Caixa Galicia (2091 0400 88 3040045410 ) na que poden facer o ingreso desa cantidade indicando o nome do participante. Posteriomente, o mesmo día da Cea pódese retirar a tarxeta no restaurante co resgardo da transferencia.
Dada a previsión dunha nutrida concurrencia, rógase efectuar estes trámites canto antes. En calquera caso, pecharanse as listas de asistencia o día 25 de novembro.

INVITACIÓN ABERTA:
A Cea Homenaxe está aberta a todas as persoas interesadas, polo que che pedimos fagas extensiva a invitación a quen consideres oportuno.

Unha cordial aperta e moitas grazas a todos.

César Ánsias / Xoán Fonseca / Benito Losada / José Carlos Martínez-Pedrayo
Eustaquio Puga / Xosé Ramón Quintana / Xosé Trebolle / Afonso Vázquez-Monxardín