tag:blogger.com,1999:blog-799532611150607465.post6120040426125412978..comments2023-05-06T11:53:35.858+01:00Comments on Chantos na chaira: Dime de que te gabas...lourixehttp://www.blogger.com/profile/03741366829538291697noreply@blogger.comBlogger3125tag:blogger.com,1999:blog-799532611150607465.post-30496437294775639882008-11-11T10:53:00.000+01:002008-11-11T10:53:00.000+01:00Ourense, 5 de novembro de 2008Prezado/a amigo/a:Un...Ourense, 5 de novembro de 2008

Prezado/a amigo/a:

Unha comisión organizadora radicada en Ourense estamos a preparar unha serie de actos en HOMENAXE ao noso común amigo MARCOS VALCÁRCEL. A desculpa próxima é a publicación dun novo libro da súa autoría sobre a historia de Ourense –que se presentará o día 29 de novembro ás sete da tarde no Liceo– e outra a necesidade de buscar formas para expresar a gratitude e cariño que moita xente quere comunicar a Marcos, nestes momentos complicados para a súa saúde.

Non é este o lugar para glosar detidamente o gran contributo de Marcos Valcárcel á cultura galega. Chega tan só con lembrar algunhas das súas facetas: os seus traballos de investigación e divulgación sobre a historia de Galicia e en especial nos eidos cultural e xornalístico, a súa constante presenza na prensa galega dende hai trinta anos (hoxe en día en Galicia Hoxe, La Región, A Nosa Terra), o seu desinteresado labor de organizador e dinamizador cultural na cidade de Ourense, ou o seu blog As Uvas na Solaina . E todo sempre desde posicións galeguistas, progresistas e dialogantes.

En consecuencia, gustarianos contar coa túa presenza e colaboración no seguinte acto:

CEA HOMENAXE a MARCOS VALCÁRCEL .
Ourense, SÁBADO, 29 de NOVEMBRO de 2008 , ás 21:00 horas, Restaurante San Miguel.

RETIRADA DE TARXETAS:
As tarxetas para a asitencia á Cea poderanse retirar en Ourense, desde o venres día 7 de novembro, en tres lugares: No Liceo, na Casa da Xuventude e no Restaurante Sanmiguel. O custo da cea é de 30 euros.
Para aquelas persoas de fóra de Ourense que queiran asistir, habilitamos unha conta de Caixa Galicia (2091 0400 88 3040045410 ) na que poden facer o ingreso desa cantidade indicando o nome do participante. Posteriomente, o mesmo día da Cea pódese retirar a tarxeta no restaurante co resgardo da transferencia.
Dada a previsión dunha nutrida concurrencia, rógase efectuar estes trámites canto antes. En calquera caso, pecharanse as listas de asistencia o día 25 de novembro.

INVITACIÓN ABERTA:
A Cea Homenaxe está aberta a todas as persoas interesadas, polo que che pedimos fagas extensiva a invitación a quen consideres oportuno.

Unha cordial aperta e moitas grazas a todos.

César Ánsias / Xoán Fonseca / Benito Losada / José Carlos Martínez-Pedrayo
Eustaquio Puga / Xosé Ramón Quintana / Xosé Trebolle / Afonso Vázquez-MonxardínAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-799532611150607465.post-35584239703102611592008-11-09T17:44:00.000+01:002008-11-09T17:44:00.000+01:00Recibiu unha invitación por e mail, Lourixe?Recibiu unha invitación por e mail, Lourixe?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-799532611150607465.post-2277896613809386972008-10-31T13:37:00.000+01:002008-10-31T13:37:00.000+01:00quítanse as ganas de ler a caneiroquítanse as ganas de ler a caneirookohttps://www.blogger.com/profile/11507963863636338245noreply@blogger.com