14/10/2008

Lembranzas de Lisboa



Anda un amigo por aló e pide recomendacións. Que lembranzas! As longas xornadas na BTL, precedidas por carreiras de exploración aproveitando o abono dos Carris, reptando por costas imposíbeis cun cargamento de polisóns que enganchaban o tranvía ao saíren da escola. Para ir á FIL pasaba por baixo da Ponte do 25 de Abril e a liña remataba en Belém.
As visitas románticas á Estufa Fría e o Museu do Azulejo. O fermoso claustro que sempre pillei en obras: disque hai achados romanos de grande valor, eu sempre ficaba admirada pola tumba gótica dunha rapaza representada cun libro aberto, enfrascada na súa lectura e allea aos seus cadeliños que xogan coas cabezas decapitadas duns pitos que o seu señor pai andará a comer.

E un solpor desde Graça...

O recordo máis fondo, o bacallau á Alentejana compartido coa Condesa Dona Teresa, señora andaluza do Pazo de Vilabade.

2 comentários:

Xosé M. González disse...

Como miudeza (supoño que as cousas maiores xa estarán recomendadas e vistas), dígalle ao amigo que non deixe de visitar a Basílica da Estrela e mailo seu Presépio (Nacemento). O xardín que hai ao lado da igrexa (co seu coreto) dá tamén un bo pasear.

oko disse...

adorei lisboa. que ganas me entraron de voltar visitar a quinta da lus e a cidade toda!