15/08/2007

Morramos de fame para surtir os nosos autos

A ninguén parece preocuparlle que o prezo dos alimentos, de TODOS, esteña a subir de forma alarmante, para que os vehículos a motor poidan ser mais eficientes. O cultivo de diferentes vexetais para a producción de bioetanol está a disparar os prezos de moitos cereais, incluidos os propios ao consumo humano. Vai aumentar o prezo do pan por terceira vez nun ano, a ver o que tarda en repecurtir a suba dos forraxes na carne e o leite. E aínda houbo sorte que este ano a colleita é boa. A sega foi fantástica, o 26 de agosto mallaremos. No entanto, culturizámonos.

4 comentários:

Mario disse...

Pois non vou poder ir, pero para o ano se repetides organizareime mellor e alí estarei. O que me chama a atención do bioetanol é que sendo un recurso relativamente obvio non escoitásemos falar antes del.

Marinha de Allegue disse...

A malla é unha festa feiticeira...

Unha aperta.
:)

Zerovacas disse...

un tema moi importante, que xa deu lugar a fames negras en méxico (e as que virán en todo o mundo)

Por certo, menuda se montou contigo en chuza por unha confusión (http://chuza.org/historia/chuceira-lourigem-comentarista-da-galega/)

Ah, coñezo á túa "dobre", se che interesa ;)

lourixe disse...

O pasado domingo erguimos a meda diante do Concello de Castro de Rei. Foron uns 700 mollos (3 fanegas de trigo) que habemos mallar o 26. Para quen se anime, despois haberá un xantar tradicional: sardiñas de lata, cachola, chourizos, pan caseiro, queixo, marmelo, viño, café de pota e augardentes da terra. (O ano pasado custaba 7,00€, supoño que segue igual).
Zerovacas, xa me contaron o da confusión de identidades. É o que temos as famosas, sempre nos están a seguir os paparazzi! :-P