20/06/2007

Santa Liberdade

Non me refiro ao barco secuestrado e rebautizado por patriotas galegos. Falo do emprego capcioso que uns fanáticos fan deste termo para lles fechar portas aos seus fillos. Porque digo eu, para que estes que agora son meniños poidan un día escoller LIBREMENTE se se queren expresar en galego ou castelán deben recibir unha educación bilingüe, non?

6 comentários:

A rapaza do arco disse...

buffff, vou botar man de toda a miña calma para que non me sente mal a cea... Alucino con esta xente, esquecéuselles poñer á profesora dándolle aos cativos coa regra nas uñas, que era o que facían eles hai nada...
Eu, con estas cousas,vólvome cada vez máis radical, visto que non queren entender e non só non respectan aos galegofalantes senón que usan todo tipo de argumentos demagóxicos para poñernos a nós como os malos da peli...pois caña!! (de demos imos quedar igual)

Unknown disse...

pra ter liberdade hay que ter información, senon escolles entre o que che amosan non entre todo o que existe...
pero saber galego é de ignorantes, ou non vos decatastedes que canto mais sabes, mais ignorante te descobres....(broma)

A Raíña Vermella disse...

Está claro que hai unha parte da sociedade á que nunca lle acabaron d equedar claros conceptos como "liberdade" ou "democracia", e empregan mal as palabras. En realidade, empréganas para o que a eles lles convén. "Liberdade" é que eu poda facer o que me pete, pero os demáis non. Tamén durante o franquismo se falaba de "democracia orgánica". O problema é que hai moita xente que pensou que a transición era só un teatro para lavar a cara e que todo seguira igual que estaba. E o peor é que en moitos casos teñen razón.

lourixe disse...

O novo argumento destes lumbreras é que coa "imposición" do galego os nenos vano odiar. Imaxinade a un pai requeríndolle ás autoridades educativas que lle eliminasen do currículo do fillo as matemáticas, porque as odia e co súa imposición só lles vai coller mais manía.

Marcos Valcárcel López disse...

Repito aquí o que remato de escribir no meu blog, sobre esta mesma polémica e dándoche a razón nos teus argumentos:
Creo que Lourixe acerta plenamente no enfoque desta polémica: o dereito a unha educación completa, as obrigas dos profesores que aprobaron unha oposición que os capacitaba para dar clases en galego, a vontade dunha comunidade para manter a súa lingua e a súa cultura. Pola miña experiencia, vexo que nas materias en que se usa galego o 99 por cento dos alumnos/as non teñen ningunha dificultade de expresión escrita, se así lles foi impartida esa materia. Aínda o comprobei estes días nas PPAUU: cando repartiamos os exames a maioría dos alumnos levantaban a man pedindo a proba en galego simplemente porque prepararan así a materia indicada (a que fose, arte, filosofía, etc.) e se sentían máis cómodos dese xeito. O resto sería pensar que os nosos alumnos/as son máis parvos que os doutras comunidades, bilingües, trilingües, ou o que sexa.

Anónimo disse...

À Lou: é um prazer ver que o pessoal se preocupa por conservar o seu (o nosso). Pois claro, é perfeitamente lógico o que dizes, se devemos escolher, conheçamos antes as diferentes escolhas.

Claro que do que aqui se trata não é do aprendizado ou do ensino (ou as duas cousas) de uma língua, mas do contexto sócio-político em que as duas línguas estão mergulhadas.

Para M.Valcarcel: não é que haja que sustentar um grupo de professores de "galego", licenciados (em muitos casos evitando termos que hoje seriam aceites e vice-versa, ai a ciência línguística...!). Não é que as crianças galegas sejam mais ou menos ou igual de inteligentes que as de outras comunidades (e mesmo países...). Não.

É que não se pode permitir o avanço na/da Galiza e nos/dos galegos. A poucos passos que se dêem neste sentido saem reclamações de debaixo das pedras, associações de afectados e damnificados e mesmo de vítimas e do que for preciso.

Não, aqui o que se joga é a realização de outra Galiza. Para as cúpulas dirigentes espaÑolas não há mais Galiza que a que se chamar GALICIA.