13/06/2007

Visións

Qué terrible soedade, a lucidez. Ser a única que ve nun mundo de cegos, a única que sabe. Cal é a resposta, resignarse ou loitar? Quen lembra da queda de Troia a coraxe de Casandra, que afrontaba a verdade con afouteza e os ollos ben abertos, sabedora do horror que a agardaba (e maldita polos deuses). Cal é o sentido dunha voz que predica no deserto?

Edito mais unha vez para engadir a miña crítica do libro.

6 comentários:

Anónimo disse...

nom sei... eu levo um tempo que gosto de ver-lhe o lado positivo a todo... será um erro?

sempre podemos dizer que melhor só que mal acompanhado!

e se estou mui lúcido pois colho umha tranca de licor café e remato por vê-lo todo de cor de rosa :-D

beijos!

Anónimo disse...

Non se poña tan tráxica, muller, que despois de chover sempre escampa :-)

lourixe disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
lourixe disse...

É bon ver que hai xente que se preocupa polo meu estado anímico. En realidade non era necesario, esa reflexión fórame inspirada pola lectura de "Ensaio sobre a cegueira" de Saramago, o que pasa é que fechaba a biblioteca desde a que me conectara e non tiven tempo a enlazar os links. Con todo, grazas a Gafapasta Harvey polo tratamento anti-lucidez, vou probar unha dose esta noite! ;-)
Beijinhos, amigo!

Unknown disse...

la verdad, si predicas en el desierto, lo importante es lo que dices y porque, no el publico que tengas... ademas nunca sabes quien puede estar escuchando y por otro lado después de todo un ensayo tan opresivo como ese, hasta el maestro Saramago nos deja una puerta abierta a la esperanza porque nada es como preveemos y al final puede ser que todo el esfuerzo tenga su recompensa.
Buf... me ha quedado muy filosófico ¿no?
apertas desde compostela

lourixe disse...

Benvido á Chaira, ex traño, todos temos o noso momento filosófico, mesmo as escollas que facemos dos títulos dos nosos blogs son un testemuño da nosa postura sobre a vida. Mais val tarde que nunca.