En que momento da miña infancia os libros mudaron a definición de "
ser vivo" que "
nace, crece, se reproduce y muere" polo mais politicamente correcto "
nace, crece, se relaciona y muere"? (Hai que se reproducir noutro ser para estar vivo? Ou basta con ir deixando en cada un dos nosos coñecidos un pouquiño de nós mesmos?)
Nun serán de
far niente (por fin!), cun libro na man e unha gata preñe no colo, deume por pensar nas persoas con quen compartín intimidade, ese espir a alma sen volta atrás, botarse de cabeza e confiar no outro. Graciñas, meus amigos, por estardes aí.
Sem comentários:
Enviar um comentário