27/06/2012

Galiza non se vende... e o seu ouro?

Non hai rúa (céntrica ou non) que se salve... hainos mesmo grapados nas árbores dos recantos máis remotos. Mércase ouro.
E o que non se dea mercado, pénsano extraer a ceo aberto, poluindo con mercurio e cianuro bisbarras enteiras. En Extremadura, Salave (Asturies) ou Corcoesto (Bergantiños). As multinacionais non paran de procurar o máximo rédito a toda costa.
En Portugal as minas auríferas seguen a dar beneficio, pero como recurso turístico.

17/06/2012

Partenia


Esta lectura filosófica de hoxe tróuxome saudades das discusións teolóxicas co meu pai. Nunha delas participara un tipo excepcional que xantaba aquel día na casa, e dei en procuralo pola rede.

Crucificado polo Vaticano, defende os dereitos dos homosexuais, o matrimonio dos curas... para librarse del fixérono bispo dunha diócese sen parroquianos, dunha sé que non existe dende hai 1500 anos... non contaban coas posibilidades que dá a tecnoloxía para difundir as súas mensaxes. Chámano o "bispo roxo".

10/06/2012

Non ás fumigacións

Substitúo a miña presenza física pola miña adhesión electrónica:

03/06/2012

O fidalgo

Apeteceunos ir ao teatro: descubrín un espazo novo, pequeniño pero moi convenientemenente próximo, a sala Gurugú. Onte concluían as actividades do ano cunha montaxe de Casa Hamlet chamada O Fidalgo. Foi un soberbio exercicio de comunicación, combinando impecablemente a expresión corporal coa verbal (baseada en textos de Otero Pedrayo). Este autor non é doado de ler pero as súas palabras cobraban vida no corpo de Manuel Lourenzo e os seus compañeiros (Brandán Lourenzo e Rubén Espejo).