27/06/2012

Galiza non se vende... e o seu ouro?

Non hai rúa (céntrica ou non) que se salve... hainos mesmo grapados nas árbores dos recantos máis remotos. Mércase ouro.
E o que non se dea mercado, pénsano extraer a ceo aberto, poluindo con mercurio e cianuro bisbarras enteiras. En Extremadura, Salave (Asturies) ou Corcoesto (Bergantiños). As multinacionais non paran de procurar o máximo rédito a toda costa.
En Portugal as minas auríferas seguen a dar beneficio, pero como recurso turístico.

1 comentário:

Amorodo disse...

Mesmo xa se ven algúns de MERCAMOS PRATA. Acabarán por mercar cobre?