03/06/2012

O fidalgo

Apeteceunos ir ao teatro: descubrín un espazo novo, pequeniño pero moi convenientemenente próximo, a sala Gurugú. Onte concluían as actividades do ano cunha montaxe de Casa Hamlet chamada O Fidalgo. Foi un soberbio exercicio de comunicación, combinando impecablemente a expresión corporal coa verbal (baseada en textos de Otero Pedrayo). Este autor non é doado de ler pero as súas palabras cobraban vida no corpo de Manuel Lourenzo e os seus compañeiros (Brandán Lourenzo e Rubén Espejo).

1 comentário:

amorodo disse...

Otero Pedrayo (Don Ramón) e Manuel Lourenzo Lourenzo. Que grandes!

Mágoa que Galaxia (que é quen ten os dereitos) escaralle as obras de Don Ramón de Trasalba -ou Trasouto, transunto literario- pasándoas polo 'turmix' do galego estándar elaborado polo ILG. Pedrayo escribe 'faciana' e os correctores/corrixidores mudan para 'cara' (a idem dura que teñen eles) e, por riba, o escarallador de 'turno' fica no anonimato, pois nen ten sequera o 'detalle' de pór o seu nome.

Iso a miña sobriña de 13 anos non o faría, pois ten máis elegancia intelectual que eles (ou elas, que tamén as hai)