... e contareiche de que careces.
Como lectora unha das cousas que me marabilla de internet é a posibilidade de falar de tu a tu cos autores e outros lectores dos libros que me chaman a atención. Ese é, en principio, a idea de blogs como este ou estoutro, coa diferencia de que o autor do primeiro ten un pronto visceral que o cega ante calquera opinión que lle pareza minimamente pexorativa, e o segundo acepta con demasiada humildade críticas que semellan obra dun alumno de galescola.
30/10/2008
14/10/2008
Lembranzas de Lisboa
Anda un amigo por aló e pide recomendacións. Que lembranzas! As longas xornadas na BTL, precedidas por carreiras de exploración aproveitando o abono dos Carris, reptando por costas imposíbeis cun cargamento de polisóns que enganchaban o tranvía ao saíren da escola. Para ir á FIL pasaba por baixo da Ponte do 25 de Abril e a liña remataba en Belém.
As visitas románticas á Estufa Fría e o Museu do Azulejo. O fermoso claustro que sempre pillei en obras: disque hai achados romanos de grande valor, eu sempre ficaba admirada pola tumba gótica dunha rapaza representada cun libro aberto, enfrascada na súa lectura e allea aos seus cadeliños que xogan coas cabezas decapitadas duns pitos que o seu señor pai andará a comer.
E un solpor desde Graça...
O recordo máis fondo, o bacallau á Alentejana compartido coa Condesa Dona Teresa, señora andaluza do Pazo de Vilabade.
07/10/2008
Nova liorta literaria: o Premio González Garcés
Part I: un xurado imparcial (Manuel Álvarez Torneiro, Manuel Fernández Álvarez, Remedios Fernández, Gonzalo Navaza e Luz Pozo Garza, co presidente da Deputación como secretario sen voto, Salvador Fernández Moreda) premia a obra "Construcións", de Eduardo Estévez, e outorga un accésit a "Cabalos do Alén", de Xabier Lama. http://www.vieiros.com/nova/66788/eduardo-estevez-gana-o-gonzalez-garces-de-poesia
Part II: Lama impugna a decisión do xurado, baseándose en que Estévez xa fixera públicos algúns dos seus poemas nun blog, polo que se incumplen segundo el os requisitos de obra inédita e a garantía de anonimato.
Part III: malia as alegacións de Estévez: un blog non é un libro, os poemas non apareceron na súa forma final, os defectos de forma deberían ter sidos en conta antes da decisión do xurado e non despois... o xurado bótase atrás na súa decisión.
http://www.vieiros.com/nova/69153/retiranlle-o-gonzalez-garces-a-eduardo-estevez
Part IV: xa a temos montada!
http://www.vieiros.com/nova/69173/un-blog-e-un-libro-abrese-o-debate
e ademais:
http://oportodosescravos.blogspot.com/2008/09/eduardo-e-repblica-das-letras.html

03/10/2008
Definitivamente, vivo!
Subscrever:
Mensagens (Atom)