Na semana das Letras (Galegas, enténdase) hai quen redixe voluntariosos manifestos, algún escéptico que os critica, a anécdota simpática, o lamento anti-musealización institucional, a opinión práctica... unha supermanifa...
Normalizar unha lingua consiste en facer do seu uso algo habitual, natural, cotiá. Nin unha expresión de rebeldía nin unha homenaxe patriótica. Unha ferramenta de comunicación. E iso esixe un esforzo constante por mellorar o dominio que temos dela, día a día. Con sorte, como no meu caso, cun profesor particular de galego correcto.
1 comentário:
Falando de letras galegas. Canto queda por publicar, por desclasificar das nosas letras, xustamente?
Esta é unha lista de obras, só de prosa narrativa, só aquelas publicadas, só as dadas ó prelo antes da guerra, que non foron publicadas despois da guerra. Para curarlle a pulmonía, extirpáronlle os pulmóns, as alegrías, que din os paisanos:
Antonio López Ferreiro – O niño de pombas (1905)
Florencio Vaamonde Lores – Bestas bravas (1923), Anxélica (1925)
Francisca Herrera Garrido – A ialma de Mingos (1922), Martes de antroido (1925)
Xan Pla Zubirí – Desengano (1926)
Francisco Porto Rei – Fermosinda (1918)
Francisco Cabo Pastor – Semprenoiva (1923)
Manuel Vidal Rodríguez – Contos galegos de antano e de hogano (1920)
Xosé María López – Contos de Polavila (1928)
Gonzalo López Abente – O diputado por Beiramar (1919), Buserana (1925), Fuxidos (1926), Vaosilveiro (1929)
Nicolás García Pereira – A custureira (1922)
Leandro Carré Alvarellos – Naiciña (1925), A propia vida (1925), O home que deu vida a un morto (1926), O xornal de Mavi (1927)
Lois Carré Alvarellos – O consentimento (1926), Alevamento (1928)
Venceslao Fernández Flórez / Leandro Carré Alvarellos – O ilustre Cardona (1927)
Xosé Lesta Meis – Estevo (1927) (Publicada tamén despois da guerra, Xerais 1981, pero esgotada actualmente)
Xesús Fernández González – Antón Piruleiro (1925)
Ánxel del Castillo – A dona das torres (1925)
Xan Xesús González – Ana María (1925), A filla da patrona (1926) [téñoas]
Xulián Magariños Negreira – O calivera H. P. (1926)
Felipe Fernández Armesto – Xelo o salvaxe (1926)
Manuel Bergueiro López – A pecadenta silenzosa (1927)
Celestino Noia – Morta! (1927)
Rafael Fernández Casas – De como claudicou Xaquín Quiroga (1927)
Alfredo Canalejo – Contos (1927)
Luís Fernández Gómez – Amor sinxelo (1919)
Camilo Díaz Baliño – Conto de guerra (1928)
Xavier Prado – Mariña Andrade (1924)
Xaime Quintanilla – Saudade (1922)
Álvaro de las Casas – Xornadas de Bastián Albor (1921)
Manuel García Paz – O abade Mouriño (1931)
Evaristo Correa Calderón – Conceición sinxela do ceo (1925), Margarida a da sorrida de aurora (1927)
Antonio Paz Míguez – Da emigración (1936)
A min isto lémbrame aquel escrito de castelao, daqueles que aparecían acompañando ou comentando os seus xeniais debuxos:
-Por que non lle dás de comer ó can?
-Para o que traballa...
-Daquela, por que non o matas?
-Para o que come...
Pois coas nosas letras, o mesmo. En estado inane ou anémico (como a autoanemia que padecemos a todos os níveis, grazas ó noso estatuto de autoanemia, que nen sequera cumpren quen nos gobernan)
Desclasifiquemos xa os papeis da nosa cultura nacional, que xa non é sen tempo.
Enviar um comentário