17/04/2008

Liberdade

O único camiño para a dignidade humana é a liberdade, entendes? Por iso debes combater a vertixe, por unha razón de autonomía persoal. A enfermidade procura destruir a túa propia soberanía. Facerte dependente do medo. Non o esquezas. Ti es o único que pode extirpar esa pedra negra da vertixe. Se puidese, eu mesma cha arrincaría cos meus propios dedos do lugar onde estivese. Non che estou pedindo demasiado, só que loites con todas as túas forzas. Cada un dos teus movementos -os teus acenos, os teus pasos adiante, as túas olladas- debe ser un combate.
Sechu Sende, "Orixe"

2 comentários:

Mario disse...

Que grande é o Sechu. Pasaba para dicirche que foi un pracer verte o outro día, aínda que a nebulosa da noite me impida lembrar cando marchaches ou se me despedín de ti.

busto.agolada disse...

Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
Para máis información:
http://blog-xuntanza.blogspot.com