07/05/2008

Desbarres blogueiros

A palla mental orixinal é de tipo esencialista, procede do debate portuario (2ª entrega) sobre a utilidade dos blogs. Non creo na potencialidade dos blogs, nin da literatura, nin de ningunha forma de arte, como transformadores da sociedade. En calquer caso, poderán contribuir na conmoción dalgúns individuos, moi poucos, capaces de superar a barreira do 28%.

A palla mental derivada é existencialista e relacionada coa miña visión de internet, da vida, como unha infinda rede de opcións que nos levan a pasar por uns avatares ou outros e a facer de nós o que somos. Como naqueles libros de aventuras múltiples a elexir.

6 comentários:

Mario disse...

Realmente eu si creo na arte como transformadora da sociedade, pero como un elemento máis, non como algo que fornece dunha salvación absoluta e autosuficiente, que é o que parece que ten que ser a arte. Máis ou menos cumpre a función de facer reflexionar e de abrir a mente da xente aos cambios, facelos pensar en que non hai un único xeito de ver as cousas. Naturalmente isto por si mesmo non chega.

Zerovacas disse...

Temos que crer, necesariamente en que podemos mudar a realidade, aínda que sexa a longo prazo ou en función de certos condicionantes. Doutro xeito, o día a día faríase moito máis duro

A Raíña Vermella disse...

Unha comparación moi acertada, o dos libros de aventuras múltiples. E eu estou convencida de que se pode mudar a realidade, a través da arte, da ciencia, dos movementos sociais, da literatura, de internet...

náufrago disse...

Nótolle especialmente escéptica con todo...

avelaíña disse...

Doulle a razón. Máis gustaríame pensar que as artes penetrasen máis aló desa pequena porcentaxe.

lourixe disse...

A arte só pode transformar aos poucos predispostos a abrirlle o seu corazón ou o seu cerebro. E para iso teñen que ir á súa procura. É como nos mítines políticos onde só van os afiliados, xa convencidos.
Os blogs son unha plataforma de intercambio entre blogueiros, non teñen máis repercusión social. E considero que son moi necesarios, a todos os que participamos neles a súa lectura (e escritura) nos enriquecen, pero nunca terán o alcance e o protagonismo dos mass-media.