11/12/2007

Homenaxe ás Uvas

En particular, e por referencias, ao cronista X.M. González, estatuaria lucense:
(Edito para poñerlles título:)
1.- Aguilucho/Pombo/Monumento Bimilenario na Praza Santo Domingo
2.- Busto de Xoan Montes nos xardíns de San Roque
3.- Homenaxe a Luis Pimentel na Praza Maior
4.- Estatua de Ánxel Fole detrás do Concello
5.- Ulmeiro recordatorio dos desaparecidos "negrillos" da Praza Maior
6.- Homenaxe aos Pelachos (familia de ficción de El Progreso) na Praza da Constitución
7.- Monumento á República na Praza da Soedade
8.- Monumento á UNICEF na Praza de Ferrol
9.- ? na Praza Santo Domingo
10.- Relevos de escritores na Praza Maior




4 comentários:

Marcos Valcárcel López disse...

Graciñas pola homenaxe. Recoñezo a Aguia romana, a Fole e a Rosalía? Tamén o paseo dos escritores, con citas, porque o vin hai pouco. Quizais debería identificar as fotos para que todos soubesen que representan ou homenaxean.

Anónimo disse...

Moitas grazas, tamén, polo que me toca. Vou explicar, n' "As Uvas", algo sobre algunha das esculturas. Non estaría de máis que engada o seu comento, se gusta.

Anónimo disse...

Na parte de abaixo da alameda, na esquina direita mirando pró concello, hai dúas estatuas que creo que son recentes. Parecen romanos ou cousa así.

lourixe disse...

Os seus desexos son ordes, xa identifiquei as fotografías. Para información de Xohán da Coba, o monumento ao que fai referencia é un bronce de Conde que representa ao emperador Augusto e o seu legado Paulo Fabio Máximo, fundador da cidade. Aínda non os retratei, como tampouco a reconstruida fonte da entrada do Parque Rosalía.