10/12/2007

Luces de bohemia e capital(ismo)

Desde a miña neo-ruralidade escapei un pouco do candente debate político sobre a iluminación de Nadal nas nosas vilas. Cando o importante é forzar o gasto -individual, familiar e colectivo- os militantes do ben-estar? convidan a adiantar o día e a hora de aumentar a contaminación lumínica, coa idea de alentar as arelas consumistas dos seus veciños. O meu consolo é que cando unha nova estrela divina anuncie a chegada do seu ansiado mesías redentor, estarán demasiado deslumbrados polas bombillas de cores para lle seguir o rastro.
Para min os astros todos do firmamento.

1 comentário:

Anónimo disse...

A negra sombra da contaminación lumínica non deixa ver a agra aberta das estrelas do ceo.