03/12/2007

Bookcrossing

Con ese nome tan foráneo falamos dun intercambio universal de libros. Libros libres, sen dono permanente, que andan a viaxar polo mundo á procura de novos lectores. Recoñécense polo autocolante no que aparece o enderezo da web (www.bookcrossing.com) e o número de rexistro de cada libro, para poder ir seguindo o seu periplo.
Estes días andamos ceibando por Lugo varias ducias de exemplares. Algúns van asinados polos seus propios autores. Se atopas algún, trátao ben, entra na web para decir onde o atopaches e, cando o remates, vólveo deixar en calquer espazo onde o seu próximo lector o poida atopar.
Boa caza!

Sem comentários: