A min o marrón encasquetoumo Zerovacas.
Para o caso, se o entendín ben, teño que:
- describir de que vai o meme este
- facer unha listaxe de 8 cousas, as que queira
- facer unha listaxe das 8 seguintes víctimas e deixarlles o aviso nos seus blogs
As miñas 8 cousas importantes:
- A vida. Dure o que dure e traia o que traia.
- A eterna procura da sabiduría.
- A xente que quero e que me quere, que cada vez son mais. Biquiños a todos.
- A imaxinación, a fantasía, a capacidade de ilusionarse.
- A vontade de superación.
- A miña Chaira verde e viva.
- Os soños propios e alleos, especialmente os que descubro nos libros.
- "Summertime" soando no meu coche nun precioso serán de outono.
Chuceiros das novas xeracións:
Os que sempre nos fan rir:
7 comentários:
Vaia marrón lourixe pero acepto o desafio, quedo castigado despois de chuza :)... vaime levar uns dias que teño que facer guardia no fedello :P
Saudos.
boas!
se ao final vou ter razón, que me envíen memes vai ser a única maneira de publicar algo no blog...
fareino logo...
por certo! azumara.blogspot.com actualizado [modifícao se queres]..
e o meu blog...
http://anllo.eu/blog
saúdos!
Aí está a miña.
http://chimpin.blogspot.com/2007/11/meme.html
Gostei moito diso da capacidade para ilusionarse e da vontande de superación. Ao final son esas as cousas que fan que nos movamos :)
Ah, que também és chairega? Pois nada, nada, saúdos desde um de Prevesos emigrado em Compostela ;-)
Lino antes vía Opaco lourixe, non o tome a mal. Pero graciñas por acordarse de mín :)
Por certo, ¿¿qué é iso de chuzeiros das novas xeracións??, eu son chuzeiro dende a noite dos tempos HOYGA! XD
Pois acábome de enterar do reto...
Meme reflexivo
1-Falar libremente
2-Mirarlle-los ollos ós meus
3-Sonar desperto e durmido
4-Nen odiar nen esquencer
5-Mellorarme e axudar a mellorarse a outr@s
6-Non ser indiferente á destrucción do noso entorno
7-Problema-reflexión-acción-revisión como paradigma
8-A praia de Vilar e os Montes Aquilianos.
Enviar um comentário