09/11/2007

Persoas, cidadáns ou que?

Chamámoslle democracia porque parece mais progre. Pero non é tal, uns son mais iguais, mais libres, mais fraternais ca outros. Ten que haber novas como ista para nolo lembrar:

O Tribunal Constitucional devólvelle aos 'sen papeis' o dereito de reunión

Agora que se condena a El Jueves por lesa-maxestade, voume prantexar denunciar ante o mesmo tribunal ao Ministerio do Interior que fai burla do pobo soberano. Nun estado de dereito dotado de altas tecnoloxías, como poden xustificar que haxa que facer colas de varias horas para solicitar unha simples cita para obter unha acreditación de identidade (vulgo DNI)? E nós ainda temos categoría de votantes, qué farán cos que nen ese interese teñen!

2 comentários:

torredebabel disse...

non queiras sabelo lourixe, non queiras. Que iso é igual de negro en todos os sitios. Vivimos nuns sistemas que poden ser moi bos pero polo xeral non o son nunca.

Amorodo disse...

Ese suceso é unha proba ben palbable de non sermos cidadáns/cidadás, senón súbdit@s ou serv@s, algo historicamente anterior (en teoría, claro) ás revolucións burguesas de finais do XVIII.

Que dirían Montesquieu ou Voltaire se ergueren a cabeza?

Moi orweliana esta 'democracia' que nos impuxeron.

Canto ós/ás ocupas de Zarzuela, non hai mellor exemplo de funcionari@s en ausencia presencial (ás veces nen iso)

Por certo, se soubesen que 'Zarzuela' vén do eusquera 'Sarasola' aínda lles había dar un repente.

Ah, esquecíao (son enormemente despistado, calquera día deixo o ordenata aceso sen decatarme): hai que pagar por un documento de identidade que algúns/algunhas non queremos ter. Iso é imposición, palabra fetiche para os do 'tan gallego como el gazpacho'